PONTEVEDRA
1. Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa)
2. Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei)
3. Campamento Xuvenil A Illa de Ons (Bueu)
4. Albergue Municipal Vicente Agulló (Lalín)
5. Corazón de Carballo Granxa Escola (Tomiño)
6. Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán)
7. FervenzAventura (Silleda)
8. Granxa Escola El Kiriko (Fornelos de Montes)
9. Illa de San Simón (Redondela)
10. Complexo Natural CEMAR (Mondariz Balneario)
1. ALBERGUE XUVENIL AS SINAS (Vilanova de Arousa)
Praia das Sinas, 36620. Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Está situada na ría de Arousa a 4 Km de Vilagarcía de Arousa, na estrada Vilagarcía-Cambados. Autobuses e ferrocarril a Vilagarcía.
T. 886 159 237 886 159 238
O albergue está nunha zona turística á beira do mar con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 120 prazas en liteiras.
A instalación dispón dunha pista polideportiva de fútbol sala e baloncesto.
O albergue conta cun pavillón adaptado para persoas discapacitadas con problemas de mobilidade. O pavillón número 3 conta con 13 camas baixas, 1 aseo e 1 ducha adaptados e, a maiores, fóra do pavillón, nos aseos comúns existe 1 aseo e 1 ducha adaptados para nenos e igual para nenas. Non hai barreiras arquitectónicas para acceder ao comedor e ás salas de uso múltiple xa que estas teñen ramplas. En canto ás actividades xenéricas deste albergue, hai que considerar as limitacións que poden xurdir no desenvolvemento de vela, táboa, piragüismo e caiac polo.
O MAR QUE IMAXINAS
ACTIVIDADES
Náuticas: vela, táboa, piragua, caiac polo; snorkel con seadoo scooter; surfcamp: skimboard, volei praia, voleipé/takraw, shuttleball, indiaca, paddlesurf; deportivas: Alusinas (fútbol, baloncesto, volei praia e slack-line); outras: Aula da Mariña: Intermareal e trashtag challenge, excursión a Vilanova de Arousa.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
O mar que imaxinas |
01-10/07 |
10-11 |
193,30 € |
360001 |
15-24/07 |
10-11 |
193,30 € |
360002 |
|
29/07-07/08 |
10-11 |
193,30 € |
360003 |
|
12-21/08 |
07-08-09-10 |
193,30 € |
360004 |
|
26/08-04/09 |
07-08-09-10 |
193,30 € |
360005 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
2. CAMPAMENTO XUVENIL PONTEMARIL (Forcarei)
Campamento xuvenil Pontemaril. 36550 Forcarei (Pontevedra).
Situado a 2 Km de Forcarei, na estrada N-541 de Pontevedra-Ourense. Ferrocarril a Pontevedra.
T. 886 159 255
É un campamento de media montaña con capacidade para 140 prazas en tendas de campaña e 48 prazas en albergue da instalación.
As instalacións non están adecuadas para a accesibilidade de persoas en cadeira de rodas ou con apoios ortopédicos (muletas, etc...), xa que a situación das tendas ou pavillóns existentes (dormitorios, aseos, multiusos) atópanse nun contorno forestal onde os accesos son de terra ou grava, con certas subidas e baixadas, sen aplanar. Tamén hai que ter en conta as particularidades propias do desenvolvemento das actividades xerais.
AVENTURA NA NATUREZA
ACTIVIDADES
Aventura e natureza: rocódromo e tirolina, gran xogo de aventuras, láser tag (en busca do tesouro), sendeirismo na montaña; aula de natureza: xogos, experimentos participativos de temáticas científicas, creación dun telescopio caseiro para o seu uso na actividade de experiencia astronómica (Starlight Forcarei); Forcaventura: circuíto que combina varias actividades como o tiro con arco, o slck-line, malabares (pedalo, cariocas, diábolo e bolas malabares) e bicicletas, xincana fotográfica na natureza; náuticas e deportivas: piragüismo, piscibol, olimpíadas Pontemaril (baloncesto, fútbol, waterpolo, salto de lonxitude, lanzamento de peso, slack-line, béisbol, lacrosse, indiaca, crossball, netball, mazaball, floorball, goalball, boccia), xogos populares galegos (chave, mariola, aros, chapas, birlos, trompo, ra); outras: piscina; saída a un enclave natural da contorna.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura na natureza |
01-10/07 |
13-14 |
146,70 € |
360006 |
15-24/07 |
11-12-13 |
146,70 € |
360007 |
|
29/07-07/08 |
11-12-13 |
146,70 € |
360008 |
|
12-21/08 |
11-12-13 |
146,70 € |
360012 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
PEQUECHO AVENTURA
ACTIVIDADES
Aventura e natureza: carreira de orientación, sendeirismo na montaña, rocódromo e tirolina, gran xogo de aventuras, aula de natureza: xogos, experimentos participativos de temáticas científicas, creación dun telescopio caseiro para o seu uso na actividade de experiencia astronómica (Starlight Forcarei); Forcaventura: circuíto que combina varias actividades como o tiro con arco, o slack-line, malabares (pedalo, cariocas, diábolo e bolas malabares) e bicicletas, xincana fotográfica na natureza; náuticas e deportivas: piragüismo, piscibol, olimpíadas Pontemaril (baloncesto, fútbol, waterpolo, salto de lonxitude, lanzamento de peso, slack-line, béisbol, lacrosse, indiaca, crossball, netball, mazaball, floorball, goalball, boccia), xogos populares galegos (chave, mariola, aros, chapas, birlos, trompo, ra); outras: piscina; saída a un enclave natural da contorna.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Pequecho aventura |
02-09/07 |
14-15-16 |
117,36 € |
360009 |
16-23/07 |
14-15-16 |
117,36 € |
360010 |
|
30/07-06/08 |
14-15-16 |
117,36€ |
360011 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
3. CAMPAMENTO XUVENIL A ILLA DE ONS (Bueu)
Campamento Xuvenil A Illa de Ons. (Pontevedra)
En barco desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo.
Campamento situado na Illa de Ons. Ten unha capacidade de 60 prazas en tendas de campaña.
As características do campamento nesta illa veñen subliñadas pola propia situación, aproximadamente a 1,5 km do peirao. As edificacións do conxunto (espazo das tendas de campaña, aseos comúns, pavillón aberto, comedor) están alleas entre si, intercomunicadas mediante corredoiras de terra con certas pendentes e baixadas, non aptas para cadeiras de rodas nin para nenos ou nenas que precisen apoios ortopédicos.
ILLA MARABILLA
ACTIVIDADES
Náuticas: paddle surf, caiac, snorkel; aventura e natureza: tiro con arco, láser tag, orientación con xps, actividades de praia, aula de natureza; aula mariña, obradoiro de concienciación mariña; deportivas: deportes alternativos (slack-line, béisbol, lacrosse, indiaca, crossball, netball, mazaball, floorball, goalball, boccia...), xogos populares galegos (chave, mariola, aros, chapas, birlos, trompo, ra); outras: Ons na historia, de roteiro pola illa, gran xogo, Starlight Ons (noite de observación astronómica).
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Illa Marabilla |
01-08/07 |
12-13 |
117,36 € |
360013 |
11-18/07 |
13-14 |
117,36 € |
360014 |
|
21-28/07 |
11-12 |
117,36 € |
360015 |
|
01-08/08 |
13-14 |
117,36€ |
360016 |
|
11-18/08 |
13-14 |
117,36 € |
360017 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
4. ALBERGUE MUNICIPAL VICENTE AGULLÓ (Lalín)
Lugar de Mouriscade, 36519, Lalín, Pontevedra.
A 6,5 km de Lalín. Pola autoestrada AP-53 ou AG-53 tomar a saída “Lalín Centro” en dirección Laro. Por outras vías, tomar a PO-534 en dirección Vilatuxe. Seguir as indicacións de “Finca Mouriscade”.
https://goo.gl/maps/ikE5TE7msrdTFQ8JS
T. 606 50 96 11 / 687 47 32 21
O albergue municipal “Vicente Agulló” atópase nun espazo natural con área recreativa á beira do río Asneiro. Ten unha capacidade para 46 persoas. Conta con habitacións de 6 e de 8 camas tipo liteira, baños compartidos, cociña industrial, salón comedor, enfermaría, aparcamento e espazo ao redor de 2 hectáreas.
Non está adaptado a persoas con mobilidade reducida.
AVENTURA+
ACTIVIDADES
Deportivas: iniciación á hípica e coidado dos cabalos, caiac e paddlesurf no encoro de Portodemouros, láser tag; excursións: visita ao museo etnográfico “Casa do Patrón” en Doade e ruta dos muíños; artísticas: obradoiro de figuras pixeladas, customización de roupa; outras actividades: xogos tradicionais, Escape Street pola vila de Lalín, xogos temáticos (“Academia Nevermore” ambientado na película “Mércores”, “O Olimpo dos Deuses” sobre mitoloxía e “A volta ao mundo” ambientado no libro de Xulio Verne), xogos en equipos (olimpíadas cooperativas, busca do tesouro, xincanas)veladas con xogos por equipos.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura+ |
14-23/07 |
13-14-15-16 |
185 € |
360041 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
5. CORAZÓN DE CARBALLO GRANXA ESCOLA (Tomiño)
Barrio Vilar, 45. Tomiño. CP 36740 (Pontevedra)
En coche: Barrio Vilar, 45. Tomiño 36740 [262Q+48 Tomiño (GoogleMaps)]
En autobús: Alsa Vigo-A Guarda
Aeroporto próximo: Aeroporto de Vigo (Peinador) (36 km) [69JF+F3 Vigo (GoogleMaps)]. Enlaces con autobús ou taxi.
Estación tren: Estación de Tui(14 km). Enlaces con autobús ou taxi.
T. 986 62 33 98
Corazón de Carballo é instalación xuvenil rexistrada como granxa escola na Comunidade Autónoma de Galicia. Conta con dous amplos comedores, cociña, área de aseos e duchas, baño adaptado, ampla sala de usos múltiples, aula de natureza, varias áreas cubertas para a realización de actividades e obradoiros, cancha deportiva, piscina, áreas axardinadas, áreas temáticas: zona de cuadras, galiñeiros, horta, zona de plantas mediciñais e ‘hospital de plantas’, composteiros, área de prehistoria con areeiro, zona de recuperación da vacaloura, área micorrizada, área temática de queixería, miradoiro de orientación, etc.
Ademais encádrase nun paraxe de montaña, arroupándonos a Serra do Argallo e a Serra da Groba. Nas nosas inmediacións temos regatos con fervenzas, áreas de viñedos e bodegas, zonas de grande importancia patrimonial.
Toda a instalación está adaptada, con percorridos de ramplas por toda a instalación, facilitando o acceso a persoas con diversidade funcional. Temos unha habitación adaptada, un baño adaptado, salón adaptado, aula de usos múltiples adaptada. Tamén son accesibles areas de animais. A piscina non está adaptada.
AVENTURA NA GRANXA
ACTIVIDADES
Granxa: dinámicas para o coñecemento dos animais de granxa (coidados, alimentación, hábitos e costumes dos animais de granxa) e da horta ecolóxica e a compostaxe, obradoiros ecolóxicos (elaboración de queixo, dun planisferio, avatares naturais), aula de natureza; aventura: técnicas de orientación e supervivencia, rutas de interpretación ambiental pola contorna, rastrexo con contido cultural (refraneiro popular); deportivas: tiro con arco, grandes xogos temáticos, actividades acuáticas na piscina (xincana e olimpíadas acuáticas), futbolín humano; outras actividades: dinámicas de colaboración e habilidades entre equipos (xogos populares galegos (“Agrolimpiadas”), obradoiros e manualidades, xogos nocturnos de habilidades e talentos, veladas de animación con xogos en equipo (inclúe observación de constalacións, actuacións, rastrexo nocturno e probas por equipos), preparación dunha actuación para a velada final.
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso das actividades acuáticas, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura na Granxa |
28/07-04/08 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360020 |
07-14/08 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360021 |
|
17-24/08 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360022 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
6. RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN (Nigrán)
Rúa Cansadoura, 2, 36340 Panxón, Nigrán, Pontevedra
Coordenadas GPS: 2°09'09.7"N 8°49'36.8"W
T. 886 12 06 94
Situada na localidade de Nigrán, con saída directamente á praia de Patos. Moi preto de lugares de interese de Galicia como as cidades de Baiona e de Vigo.
Habitacións de 2, 3 e 4 prazas. Conta con amplas zonas verdes exteriores, así como diversos salóns e salas para a realización de multitude de obradoiros e talleres coa xuventude.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados totalmente. Sinalización con pictogramas. Baños e habitación adaptadas na planta 0 da instalación. As habitacións teñen camas de usos individual de 90cm. Ten ascensor.
ECOPATOS NA AUGA
Educación ambiental: obradoiro de educación ambiental para a creación dun hotel de insectos, ruta de interpretación cultural e ambiental por Monteferro; náuticas: paddlesurf e caiac; artísticas-culturais: técnicas de teatro e dramatización, obradoiro de bailes do mundo, obradoiro cultural práctico sobre as regueifas, obradoiro de creación artística, obradoiro de expresión corporal; outras actividades: deportes alternativos, obradoiro de orientación, obradoiro de autocoñecemento, xogos predeportivos, actividades dinamizadas na praia, xogos en equipo (“A misión imposible de Panxón”, gran xogo de atrapa a bandeira e “Fornite no campamento”), xincana acuática (xogos con auga) e xincana na praia, veladas con xogos en equipo e actuacións (“Ti si que vales”).
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Ecopatos na auga |
01-08/07 |
09-10-11-12 |
148 € |
360028 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
7. FERVENZAVENTURA (Silleda)
Reboreda-Abades, 6 CP 36589 Silleda (Pontevedra)
A poboación de referencia a que hai que chegar é Bandeira, en Silleda, Pontevedra.
Dende alí son 5 quilómetros e están tódolos cruces indicados.
T. 986 69 66 22
FervenzAventura é un Centro de Actividades na Natureza, preto da Fervenza do Toxa, a máis alta e espectacular de Galicia.
O edificio consta de 6 aulas de actividades, 1 sala de usos múltiples, 7 cuartos con liteiras, 2 comedores, pistas deportivas (voleibol, fútbol, pista de hípica, piscina...), granxa, invernadoiro.
A instalación está adaptada parcialmente mediante camiños pavimentados. As habitacións teñen liteiras e hai 4 baños adaptados. A piscina non está adaptada.
AVENTURA NA GRANXA
ACTIVIDADES
Granxa: dinámicas para o coñecemento dos animais de granxa (coidados, alimentación, hábitos e costumes dos animais de granxa) e da horta ecolóxica e a compostaxe, obradoiros ecolóxicos (artesanía con coiro), iniciación á hípica, xogos de educación ambiental, aula de natureza; aventura: técnicas de orientación e supervivencia, rutas de interpretación ambiental pola contorna, rocódromo e tirolesa; deportivas: tiro con arco, xincana acuática, gran xogo temático, actividades acuáticas na piscina, xogos predeportivos; outras actividades: obradoiros e manualidades, veladas de animación con xogos en equipo e actuacións, xogos nocturnos de habilidades e talentos.
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso das actividades acuáticas, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura na granxa |
14-21/07 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360023 |
24-31/07 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360024 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
8. GRANXA ESCOLA EL KIRICO (Fornelos de Montes)
El Kiriko, Centro de Ocio en la Naturaleza.
Soutosico nº 20, 36847 Fornelos de Montes ( Pontevedra)
Coordenadas localización GPS: 42º 20´ 30.90´´ N - 8º 28´ 11.76´´ O
T. 986 76 86 00 – 687 578 019
EL KIRIKO é un centro de educación ambiental, ocio e tempo libre situado no municipio de Fornelos de Montes (Pontevedra). Ten unha extensión de 11 hectáreas e ofrece ás persoas mozas gozar dun fantástico contorno natural.
O centro Kiriko conta cun edificio principal e outras instalacións secundarias. Conta con comedor, cociña industrial, biblioteca, salas de obradoiros e audiovisuais, aula de natureza enfermería, etc...
No exterior dispón dunha nave gandeira, aviario, invernadoiro, piscina, horta biolóxica, zona deportiva, parque infantil, estanque e zonas de bosque autóctono.
Edificio principal con ramplas de acceso, ascensor, portas e aseos accesibles a persoas en cadeira de rodas. Mobiliario disposto para favorecer seguridade e independencia para persoas con mobilidade reducida.
AVENTURA NA GRANXA
ACTIVIDADES
Granxa: dinámicas para o coñecemento dos animais da granxa (pastoreo, alimentación, hábitos e costumes dos animais da granxa) e da horta ecolóxica e a compostaxe, xogos por equipos para o coñecemento das costumes tradicionais do rural, obradoiros de horticultura ecolóxica (compostaxe, elaboración de fertilizantes naturais e trampas ecolóxicas para o control de pragas), aula de natureza e iniciación á hípica; aventura: rocódromo, tirolesa, paseo en quad, canoas, técnicas de orientación e supervivencia, roteiros de interpretación ambiental pola contorna e actividades de lecer na praia fluvial; deportivas: xincana acuática, tiro con arco, grandes xogos temáticos, xogos predeportivos, actividades acuáticas na piscina; outras actividades: dinámicas de colaboración e habilidades entre equipos, xogos de distensión, xogos de rol tipo “Cluedo”, xornada temática da feira do pobo, veladas de animación con xogos por equipos, xogos populares galegos, obradoiros e manualidades, veladas e xogos nocturnos de habilidades e talentos.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura na granxa |
26/07-02/08 |
09-10-11-12 |
148 € |
360018 |
04-11/08 |
09-10-11-12 |
148 € |
360019 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
9. ILLA DE SAN SIMÓN (Redondela)
O Complexo Cultural “Illa de San Simón” está situado no Concello de Redondela (Pontevedra)
O complexo conta coas seguintes instalacións:
Comedor: con aforo para 100 persoas
● Cociña industrial: totalmente equipada e preparada para dar servizo de
restauración a colectividades
● Edificios para a pernocta: con aforo para 60 persoas, ampliable a 120 prazas co
uso de liteiras auxiliares localizadas na propia illa
● Edificio de usos múltiples: con aforo para 200 persoas, ideal para desenvolver
actividades interiores cando a meteoroloxía así o requira
● Amplas zonas exteriores: onde se desenvolverán a maior parte das actividades do
campamento
CULTURA NA ILLA
ACTIVIDADES
Educación ambiental: xornadas ecoactivas, obradoiros de rastros, cantos e pegadas, aula mariña (intermareal), actividade de marisqueo a pé; náuticas: caiac, paddle surf, vela náutica, banana boat; artístico-teatrais: obradoiros artístico-teatrais, xogos de rol ambientados na Batalla de Rande, obradoiros de expresión corporal e performance (LIPDUB, caza talentos e obradoiro de control de nervios e relaxación); historia e cultura: roteiro histórico pola Illa, visita ao Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande; outras actividades: carreira de obstáculos, obradoiro de orientación, xincana acuática con probas lúdicas e predeportivas, obradoiros para favorecer a inclusión e concienciar sobre a accesibilidade universal, tempo libre na praia, veladas de animación con xogos en equipo e actuacións, xogos nocturnos de habilidades e talentos.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Cultura na illa |
04-11/08 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360025 |
14-21/08 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360026 |
|
24-31/08 |
07-08-09-10-11 |
148 € |
360027 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
10. COMPLEXO NATURAL CEMAR (Mondariz Balneario)
Rúa Constitución, 66, Mondariz Balneario, Pontevedra
Nacional 120 (Ponteareas), a continuación Estrada Ponteareas-Mondariz, km 7
T. 986 664 506
Complexo de bungalows de 12 por 6 prazas cada un, piscina, parque de cordas, rocódromo, pistas deportivas, scape room, circuíto de orientación, club hípico.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns en todas as instalacións están adaptados a persoas con mobilidade reducida.
MULTIDEPORTE & AMBIENTAL
ACTIVIDADES
Medioambientais: obradoiro de reciclaxe, horta e coidado de animais; culturais: visita cultural, obradoiros; deportivas: paddlesurf, volei praia, ciclismo, hípica, tiro con arco, sendeirismo, multideporte (baloncesto, balonmán, fútbol sala); outras actividades: xogos tradicionais, actividades na piscina, orientación, xogos en equipo e veladas con xogos de habilidades e talentos.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Multideporte & ambiental |
21-28/07 |
12-13-14-15-16 |
148 € |
360042 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.