Ir o contido principal

Mensaxe de estado

Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
 

O Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

O programa estrutúrase nas seguintes categorías:

Categorías de ESO e Bacharelato

Nestas dúas categorías, poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria; e de 1º e 2º de Bacharelato.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a coordinador/a.

Poderán participar 24 equipos da categoría de ESO e 24 equipos da categoría de bacharelato.

O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.

Categoría de Universidades

Destinada aos mozos e mozas estudantes de grao das Universidades públicas e privadas galegas matriculados/as no curso académico no que se convoca o programa.

Nesta categoría poderán participar un máximo de 16 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.

Categoría de FP (Formación Profesional)

Nesta categoría poderá participar a mocidade estudante de calquera módulo ou ciclo de FP de calquera centro de ensino de Galicia.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a coordinador/a. Poderán inscribirse un total de 8 equipos na categoría de FP.

A categoría de FP non ten fase clasificatoria.

Categoría Posformativa (nova categoría)

Nesta categoría poderá participar a mocidade ata 30 anos non incluída en ningunha das categorías anteriores.

Poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 mozos/as e una máximo de 4.

A categoría Posformativa non ten fase clasificatoria.

Fase de formación

Previamente ao inicio dos debates da fase clasificatoria realizaranse unhas xornadas de formación. As datas e lugares de realización das xornadas de formación serán comunicadas aos equipos inscritos con antelación suficiente.

PARLAMENTO XOVE 2025-2026 - 17ª EDICIÓN

Descarga o Regulamento do programa para coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición.

Reglamento

PARLAMENTO XOVE

CALENDARIO PARLAMENTO XOVE 2026

Envío do formulario de participación

Do 9 de decembro de 2025 ata o 16 de xaneiro de 2026

Envío do formulario de confirmación da inscrición e documentación

Desde adxudicación de prazas ata:

- 26 de xaneiro de 2026 (ESO e Bacharelato e Universitaria)

- 20 de febreiro de 2026 (FP e Posformativa)

Fase clasificatoria de ESO, Bacharelato e Universitaria

Categoría de ESO: 27 e 28 de Febreiro 2026. 

Categoría de BACHILLERATO: 6 e 7 de Marzo 2026.  

Categoría de UNIVERSIDADES: 13 e 14 de Marzo 2026. 

Fase final das cinco categorías

Maio / xuño de 2026

 

Tema de debate da fase clasificatoria:

A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?

Acta de avaliación do xurado

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE EQUIPOS EN AGARDA

Categoría ESO

Categoría BACHARELATO

Categoría Universidade

Categoría Posformativa

*No relativo á FP non se acadou nesta edición a concorrencia mínima para a celebración da competición nesta categoría.

 

FASE CLASIFICATORIA DE ESO

- Listado de equipos participantes

- Cronograma

- Transporte: Rutas, horarios e paradas

Ligazóns para seguir os debates:

SALA A

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala A

SALA B

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala B

SALA C

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala C

SALA D

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala D

 

Contacto

Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal ou nos teléfonos 881 999 049.

Novas Relacionadas