Ir o contido principal
 

1. SURF NA MARIÑA (271001)

ALOXAMENTO

Campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo)

A Rochela, s/n, 27700 A Devesa, Ribadeo (Lugo). T. 982 828 580

A 11 km de Ribadeo, na estrada LU-862. Autobuses desde Lugo todos os días. Por ferrocarril: Estación FEVE en Reinante e Ribadeo (liña Ferrol – Xixón).

Atópase na parroquia da Devesa (Concello de Ribadeo) a 100 m das praias de Reinante e das Catedrais. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios, instalacións deportivas e pavillón de actividades. Non dispón de zonas asfaltadas. Non é recomendable para persoas con problemas de mobilidade.

ACTIVIDADES

Visitas e roteiros: descuberta de Ribadeo e visita á praia das Catedrais; multiaventura e acuáticas: surf, bodyboard, escalada en rocódromo; outras: xogos de presentación, xogos deportivos federados minoritarios, xogos deportivos na praia, dinámica de despedida; nocturnas: veladas temáticas.

PROGRAMA 1. SURF NA MARIÑA

QUENDA CÓDIGO COTA CARNÉ XOVE OU FAMILIA
NUMEROSA/ACOLLEDORA/
MONOPARENTAL
26-30 agosto 271001 99,65€ 72,49€

TELÉFONOS: 982 294 224 - 982 294 599 - 982 294 923 - 982 294 353

CORREO: actividadesmais18.xuventude@xunta.gal

2. ARTESANÍA NAS MANS (321001)

ALOXAMENTO

Albergue Allariz (Allariz, Ourense)

Estrada de Xunqueira, 7, 32660 Allariz (Ourense). T. 604 024 328

Situado no centro da vila que lle dá nome, Allariz, a uns 20 km da cidade de Ourense, pódese chegar en autobús de liña dende a estación de Ourense.

Conta con 96 prazas distribuídas en habitacións de 10, 6, 4 e 2 persoas. Trátase dun edificio de 3 plantas, adaptado para persoas con mobilidade reducida, con ascensor e cunha habitación específica para cadeiras de rodas.

Na primeira planta están as habitacións. Na planta principal atópase o comedor, a sala de xogos, a sala de monitores e 3 salas de usos múltiples, e na planta soto ten un salón de actos con zona de xogos, escenario e equipo de audiovisuais. No espacio exterior conta cunha pista de baloncesto e un anfiteatro onde poder facer actividades. O albergue sitúase a 500 m da área recreativa Acearica que ten zona de baño no río e zona verde.

ACTIVIDADES

Artesanía e oficios tradicionais: a arte ofrece unha saída para a expresión persoal creativa. A través das diferentes formas artísticas pódense expresar emocións, sentimentos e experiencias dun xeito único e significativo. Neste programa, que se executa en colaboración de Fundación Pública Artesanía de Galicia, as persoas participantes poderán gozar de varios tipos de arte tradicional galega: experimentarán coas súas propias mans cómo se fan tecidos, moldear barro e técnicas de bordado sobre fotografía. Durante os 5 días de actividade mergullaranse nunha viaxe polos oficios tradicionais converténdose, por un momento, en auténticos artesáns e artesás. Participar en actividades artísticas estimula o cerebro e promove a saúde mental, ademais de ser algo terapéutico para moitas persoas. Todas as actividades se realizarán neste contexto en diversos escenarios da vila. As persoas participantes poderán mergullarse en actividades artísticas mentres gozan do aire libre e a beleza natural do entorno do rio Arnoia.

Artesanía e oficios tradicionais: todos a tecer: obradoiro de tecido colectivo de elaboración de tapices ou alto lizo nun gran bastidor cúbico; tinguido por reserva (tie-dye): obradoiro no que as persoas asistentes darán renda solta á súa imaxinación con esta técnica con séculos de historia, que se fixo popular nos anos 60 do século XX entre os seguidores do movemento hippie e que influíu a grandes marcas da moda mundial; iniciación ao torno cerámico: Elaboración no torno pezas de barro mediante as técnicas da olería tradicional galega; transferencia de imaxes con engobes sobre cerámica: debuxarase primeiro sobre papel con diferentes técnicas para logo transferir estas imaxes ao barro; bordado sobre fotografías: obradoiro consistente en empregar diferentes puntos cos que a docente guiará ás persoas asistentes a bordar fotografías resaltándoas tridimensionalmente; iniciación ao traballo co coiro: obradoiro co que se lles intenta aproximar as técnicas da marroquinería ás persoas asistentes, elaborando pequenas pezas como pulseiras, chaveiros e ata outras de maior volume e complexidade.

Outras actividades: Ruta fotográfica na natureza, rastrexo de persecución polo Arnoia, baño no río ou na piscina, xogos na praia fluvial e xogos e actividades nocturnas: Danzar en varias culturas, Xogo teatralizado por Allariz, As festas populares tamén son arte.

PROGRAMA 2. ARTESANÍA NAS MANS

QUENDA CÓDIGO COTA CARNÉ XOVE OU FAMILIA
NUMEROSA/ACOLLEDORA/
MONOPARENTAL
15-19 xullo 321001 92,50€ 69,37€

TELÉFONOS: 988386120 - 988386118 – 988386117 - 988386113

CORREO: actividadesmais18.xuventude@xunta.gal

 

3. AVENTURA NA MONTAÑA (271002)

ALOXAMENTO

Hotel Piornedo (Cervantes, Lugo)

Lugar Donís (San Liz), Piornedo, 27664, Cervantes (Lugo) T. 982 161 587

Situado no Lugar de Donís, a ruta máis directa é pola Autovía A-6, coller a Saída Becerreá e Navia de Suarna, dirixirse a San Román de Cervantes, Degrada e Piornedo (50 km).

O Hotel Piornedo está situado en pleno corazón da Serra de Ancares.

É un aloxamento rural de natureza, de tradición familiar pensado para quen busca tranquilidade, natureza e desconexión. O hotel atópase na aldea de Piornedo de Ancares, un dos enclaves máis emblemáticos da montaña lucense, rodeado de roteiros de sendeirismo e paisaxes de grande valor natural e cultural.

O establecemento dispón de 23 habitacións con vistas á montaña, decoradas cun estilo acolledor e funcional. Entre os seus servizos destacan restaurante de cociña tradicional galega, cafetería, salón miradoiro panorámico, piscina exterior e aparcamento gratuíto. Tamén conta con instalacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

O hotel é un punto de partida ideal para realizar sendeirismo, roteiros fotográficos, cicloturismo e actividades de natureza na Sierra de Ancares. Moi preto atópanse as tradicionais pallozas de Piornedo, un dos principais atractivos etnográficos de Galicia.

ACTIVIDADES

A serra de Ancares é un espazo incluído na Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera desde 2006 que sorprende polas súas características únicas: a beleza dos seus impoñentes cumios (como o Cuíña, o Mustallar e Penalonga) e a exuberancia da súa flora (con impresionantes bosques como o Avesedo de Vilarello, con centenarios carballos, castiñeiros, teixos, acivros, bidueiros) e fauna (coa presencia do oso pardo, o lobo é a pita do monte, en perigo de extinción).

Visitas e roteiros: rutas de sendeirismo pola contorna: subida ao pico Mustallar e ruta circular dos Roblóns; obradoiros: laboratorio creativo (acuarela, cor e expresión persoal), obradoiro de velas artesanais (aromas, deseño e decoración personalizada), obradoiro con plástico máxico (creación de chaveiros, colgantes e pequenas pezas decorativas); outras actividades: serán teatral: citas improvisadas para romper o xeo (improvisación, personaxes e dinámicas de presentación); piscina; ximkanas e retos cooperativos; xogos de auga; xogos de mesa e dinámicas distendidas; xogos de orientación; actividades deportivas.

PROGRAMA 3. AVENTURA NA MONTAÑA

QUENDA CÓDIGO COTA CARNÉ XOVE OU FAMILIA
NUMEROSA/ACOLLEDORA/
MONOPARENTAL
8-12 xullo 271002 92,50€ 69,37€

TELÉFONOS: 982 294 224 - 982 294 599 - 982 294 923 - 982 294 353

CORREO: actividadesmais18.xuventude@xunta.gal

 

4. XEOCAMPAMENTO NAS MONTAÑAS DO COUREL (271003 e 271004)

ALOXAMENTO

Acampamento O Caurel (Folgoso do Courel)

Esperante, s/n, 27325, Folgoso do Courel (Lugo) T. 622 051 803

O Acampamento O Caurel situase en pleno corazón da Serra do Courel, declarada Xeoparque mundial pola UNESCO.

Ocupa un bosque de dúas hectareas, con zona de acampada e 14 bungalows construidos no modo tradicional da zona, con pedra, madeira de castiñeiro e lousa de pizarra. Os bungalows teñen baño privado, cociña con toda a sua menaxe, sabanas e toallas.

O cámping posúe unha piscina de 14 x 6 m, e o rio Lor pasa xusto a carón da instalación. Dispón dun parque de merendas con mesas e bancos de pizarra e parque infantil.

Na cafeteria unha ampla biblioteca ofrece libros e información sobre o Courel e actividades a realizar, e no seu restaurante poden degustarse pratos típicos da zona.

ACTIVIDADES

Primeira quenda:

Visitas: visita guiada con cata a Pazo la Cuesta, Museo Xeolóxico de Quiroga, ruta no Val das Mouras; multiaventura: Cova de Ceza (iniciación á espeleoloxía), bateo do ouro no río Lor, iniciación ao barranquismo nas Aldonzas; outras actividades: piscina, Courel Son en Folgoso, carrilanas en Folgoso.

Segunda quenda:

Visitas: visita guiada con cata a Pazo la Cuesta, Museo Xeolóxico de Quiroga, ruta no Val das Mouras ruta dos sequeiros de Mostaz; multiaventura: Cova de Ceza (iniciación á espeleoloxía), bateo do ouro no río Lor, iniciación ao barranquismo nas Aldonzas; outras actividades: piscina, Courel Son en Seceda.

PROGRAMA 4. XEOCAMPAMENTO NAS MONTAÑAS DO COUREL

QUENDA CÓDIGO COTA CARNÉ XOVE OU FAMILIA
NUMEROSA/ACOLLEDORA/
MONOPARENTAL
15-19 xullo 271003 92,50€ 69,37€
22-26 xullo 271004 92,50€ 69,37€

TELÉFONOS: 982 294 224 - 982 294 599 - 982 294 923 - 982 294 353

CORREO: actividadesmais18.xuventude@xunta.gal

 

 

5. ECOVERÁN TERMAL EN LAIAS (321002)

ALOXAMENTO

Albergue Laias (Cenlle)

Estrada Nacional 120, km 585-8, 32459, Cenlle (Ourense) T. 988 280 409

Situado á beira do Río Miño, no lugar de Laias, o albergue ten capacidade para 20 persoas distribuidas en cuartos cunha ocupación para unha ou dúas persoas no primeiro andar, e dous apartamentos con baño, un cunha ocupación para sete e outro para dúas persoas. O primeiro andar dispón de catro baños e de zonas comúns con sofás e mesas. As comidas (almorzo, xantar e cea) así como o aceso as piscinas realízanse no hotel Laias de 4*. Nos exteriores, o primero andar e os accesos ás zonas comúns están adaptados a persoas con mobilidade reducida. O andar primeiro dispón de aseos adaptados.

ACTIVIDADES

Visitas e roteiros: descubrimento da contorna, achegamento a Castro Leboreiro e ao Parque Nacional Peneda-Gerês en Portugal (castelo e vila de Melgaço, castelo, miradoiro e cascada de Castro Leboreiro, ruta ambiental polo Parque Nacional Peneda-Gerês), barrio xudeo de Ribadavia, ruta polo río Miño e casco vello de Ourense; Multiaventura: caiac no encoro de Castrelo de Miño, visita e carreira de orientación no Castro de Lás; outras: sesión de spa, baño nas termas de Outariz; nocturnas: veladas temáticas (observación de estrelas, vídeo-fórum de cine ambiental, achegamento e identificación de morcegos).

PROGRAMA 5. ECOVERÁN TERMAL EN LAIAS

QUENDA CÓDIGO COTA CARNÉ XOVE OU FAMILIA
NUMEROSA/ACOLLEDORA/
MONOPARENTAL
26-30 agosto 321002 92,50€ 69,37€

TELÉFONOS: 988386120 - 988386118 – 988386117 - 988386113

CORREO: actividadesmais18.xuventude@xunta.gal