Ir o contido principal
Proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E

XERACIÓN EMPRENDE. A RUTA RURAL DO EMPRENDEMENTO XUVENIL

A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha unha iniciativa que ten a finalidade de achegar ao territorio rural galego recursos, ferramentas e oportunidades para favorecer o emprendemento, a empregabilidade e o desenvolvemento profesional da mocidade e das mulleres mediante un modelo participativo e de proximidade.

O programa combina accións presenciais, formación en liña e actividades de mentorizaxe; creando un itinerario completo que permite ás persoas participantes descubrir o seu potencial, adquirir novas competencias e avanzar na construción do seu proxecto profesional ou emprendedor. 

O programa está dirixido principalmente á mocidade e ás mulleres do rural galego.

Xeración emprende

Convocatoria para concellos

Ábrese o prazo para que os concellos interesados soliciten a realización dunha das 15 intervencións presenciais previstas nesta primeira edición do programa.

A participación é gratuíta e as prazas asignaranse por orde de inscrición ata completar o número máximo de intervencións dispoñibles.

As actividades poderán adaptarse ás características e necesidades de cada municipio, desenvolvéndose en institutos, centros de formación profesional, espazos xuvenís, feiras, eventos locais ou outras iniciativas dirixidas á mocidade e ás mulleres do rural.

As intervencións están previstas, con carácter orientativo, entre setembro e outubro de 2026.

Un programa en tres fases

1. Intervencións presenciais itinerantes

O programa desenvolverá 15 actuacións presenciais en distintos puntos de Galicia a través dun espazo dinámico e participativo que achegará ás persoas participantes experiencias de información, orientación e activación emprendedora.

Durante cada intervención realizaranse actividades breves e participativas orientadas a:

  • Identificar talentos, fortalezas e competencias persoais.
  • Reforzar a confianza e a iniciativa.
  • Traballar a creatividade e a xeración de ideas.
  • Mellorar a capacidade de toma de decisións.
  • Dar a coñecer recursos e oportunidades de emprendemento e empregabilidade.

Estas actuacións permitirán achegar os recursos do programa directamente ao territorio, facilitando o acceso da mocidade e das mulleres do rural a novas oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional.

2. Formación online e acompañamento

Tras a participación nas actividades presenciais, as persoas interesadas poderán acceder a un campus virtual de formación e activación profesional.

Este espazo ofrecerá contidos prácticos e accesibles relacionados coa empregabilidade, o emprendemento, a comunicación e marca persoal, o apoderamento feminino, as ferramentas dixitais, a innovación e os recursos de apoio ao desenvolvemento profesional.

A formación permitirá que cada participante poida avanzar no deseño dunha idea emprendedora, dun proxecto propio ou dun itinerario de mellora profesional mediante un proceso guiado paso a paso. 

3. Evento final

O programa culminará cun encontro presencial no marco de Xuventude na Onda, concibido como un espazo de encontro, aprendizaxe, inspiración e recoñecemento.

Durante a xornada presentaranse os resultados do programa, realizaranse actividades abertas ao público e entregaranse diplomas ás persoas que completen a formación en liña.

Ademais, recoñeceranse os proxectos máis destacados desenvolvidos durante o itinerario formativo e contarase coa participación dunha persoa referente no ámbito do emprendemento, da innovación ou da creación de contido, que compartirá a súa experiencia coa mocidade participante.

Como solicitar unha intervención?

Os concellos interesados deberán cubrir a partir do 3 de agosto de 2026 o seguinte formulario de solicitude:

INSCRICIÓNS EN
https://apunta.xunta.gal/gl/form/xeracion-emprende-concellos

As solicitudes atenderanse por orde de recepción ata completar as 15 actuacións previstas.

CanteirIA: PROGRAMA DE IA E EMPRENDEMENTO PARA A MOCIDADE GALEGA

4 días para construir o teu MVP con IA
Do 24 ao 27 de setembro en Ribadavia.

CanteirIA

¿Tes unha idea pero non sabes como convertela en algo real? O programa CanteirIA é unha experiencia de 4 días onde aprenderás a construír o teu primeiro MVP usando as ferramentas de IA máis actuais — sen necesidade de saber programar.

Usarás Lovable para xerar aplicacións funcionais en horas, ChatGPT para validar hipóteses e redactar, Google Stitch para deseñar, Gamma para presentar e ferramentas de automatización para conectalo todo. O obxectivo non é aprender IA en abstracto: é usala para facer avanzar o teu proxecto real.

¿Qué farás cada día?

📅 Día 1 — Chegas, coñeces ao equipo, presentas a túa idea e formas equipo con outros perfís complementarios.
📅 Día 2 — Defines o problema, a clientela e o modelo de negocio. Visita guiada a Ribadavia.
📅 Día 3 — Constrúes o MVP con IA e no‐code: app, prototipo ou landing page funcional nun día.
📅 Día 4 — Presentas o teu proxecto, recibes feedback e marchas cun roadmap para os próximos 30 días.

¿Qué inclúe?

Aloxamento e manutención completa, materiais, acompañamento por facilitadores especializados en emprendemento, deseño de produto e IA, actividades de convivencia e sesión de seguimento en liña 30 días despois do programa. Non están incluídos os desprazamentos de ida e volta ata Ribadavia. Recoméndase vir con portátil propio; se non é posible, a organización dispón de algúns equipos de apoio e é posible compartilos entre participantes.

¿A quen va dirixido?

A mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal cunha idea ou proxecto que queiran materializalo usando as ferramentas de IA máis actuais. Non necesitas saber programar. Si necesitas ganas de construír.

Valorarase a complementariedade de perfís: tecnoloxía, deseño, negocio, comunicación, sector rural, economía social.

Prazas

Máximo 15 participantes. Selección pola calidade do proxecto e diversidade de perfís. Participación gratuíta.

Prazo de inscricións: do 29/07 ao 16/08

INSCRÍBETE EN

https://apunta.xunta.gal/gl/form/canteiria-programa-ia-mocidade

Preguntas frecuentes

¿Necesito ter xa una idea de negocio?

Non é imprescindible, pero si recomendable chegar con algunha inquedanza ou área de interese. Tamén podes incorporarte a un equipo xa existente durante o primeiro día.

¿Necesito coñecementos técnicos ou de programación?

Non. As ferramentas de IA que usamos (Lovable, ChatGPT, Figma, Gamma) están deseñadas para que calquera perfil poida construír un prototipo funcional sen programar.

¿Teño que levar portátil?

Recoméndase vir con portátil propio. Se non é posible, indícao na inscrición e a organización intentará facilitar un.

¿Podo apuntarme se son de Portugal?

Si. O programa está dirixido especificamente a mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal. Foméntase a formación de equipos transfronteirizos.

¿Hay algún requisito de idade para participar?

O programa está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos residentes en Galicia ou no Norte de Portugal.

¿Ónde se realiza o campamento?

O programa ten lugar en Ribadavia (Ourense, Galicia). Compartiremos o enderezo exacto do espazo coas persoas participantes seleccionadas.

¿Cómo é o traslado ao campamento?

O desprazamento ata Ribadavia corre a cargo de cada participante. O aloxamento, as comidas e todas as actividades durante os 4 días están incluídos e cubertos pola organización.

Este programa realízase pola Dirección Xeral de Xuventude no marco do programa Desafios Jovens, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021‐2027, e conta coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional.

 

FEIRA DE EMPREGO – TALENTOS XUVENÍS Xoves 2 de xullo de 2026 (de 10:00h a 15:00h)

Sala de Convencións da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Talentos Xuvenís

No ámbito do proxecto Desafios Jovens, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg España-Portugal, a Dirección Xeral de Xuventude organiza, o vindeiro 2 de xullo na Cidade da Cultura, a feira de emprego “Talentos Xuvenís”.

Este encontro ten como obxectivo reunir a uns 100 mozos do norte de Portugal e Galicia co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.

Trátase dunha proposta diferente que busca achegar o emprego á mocidade desde unha perspectiva participativa, dinámica e experiencial. Nesta ocasión, serán as persoas mozas as protagonistas da xornada, xerando un espazo no que compartir visións, expectativas, inquietudes e experiencias arredor do emprego, a formación e o desenvolvemento profesional.

A feira nace coa vontade de ofrecer un lugar de encontro no que visibilizar o talento xuvenil, favorecer a reflexión sobre os retos e oportunidades da empregabilidade e contribuír a unha mellor comprensión da realidade das persoas mozas no contexto laboral actual.

Ao longo da mañá as persoas asistentes poderán participar en:

   🎤Charlas e conversas arredor do talento, o emprego e as oportunidades de futuro.
   🏃‍♀️Actividades dinámicas e experiencias participativas.
   📣 Espazos para compartir opinións, ideas e propostas.
   👜 Un mural con ofertas reais de emprego e recursos de interese para a inserción laboral.
   🎁 Sorteo de premios entre as persoas asistentes.
   🎹 Música e animación durante toda a xornada.
   ☕ Zona de descanso con comida e bebida.

Queremos crear unha experiencia na que a mocidade poida expresarse, participar activamente e descubrir novas oportunidades nun ambiente próximo, lúdico e acolledor.

📅 Data: xoves, 2 de xullo

🕒 Horario: de 10:00 a 15:00 horas

📍 Lugar: Salón de Convencións – Edificio CINC, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

PROGRAMA

10:00 – 10:30 h | Inauguración
Benvida institucional e presentación da feira.
PONENCIAS
11:00 – 11:30 h | Intelixencia artificial: amiga ou inimiga na busca de emprego?
Reflexión sobre o impacto da IA nos procesos de busca de emprego e as oportunidades que ofrece para
mellorar a empregabilidade.
11:30 – 12:00 h | Saíndo do convencional: mocidade impulsando proxectos con valor
Experiencias inspiradoras de emprendemento e proxectos liderados por persoas novas.
Proxecto “Portorixe” Ocio y Actividad.
12:30 – 13:30 h | Probando, probando... entrevistas de traballo en directo
Simulación práctica de entrevistas para coñecer claves, erros frecuentes e recomendacións para afrontar
procesos de selección.
13:30 – 14:00 h | Fai que te lembren: que din de ti cando non estás?
A importancia da marca persoal, do autocoñecemento e de construír unha identidade profesional
diferenciadora.
14:00 – 14:30 h | Mesa de debate xuvenil: Rompendo tópicos, apostamos polo talento novo
Espazo de diálogo e reflexión sobre as oportunidades, os retos e o potencial da mocidade no ámbito
laboral. Modera o equipo de Ronsel e participan diferentes mozos e mozas en busca activa de emprego.
14:30 – 15:00 h | Clausura
Sorteo de premios entre aquelas persoas que pasasen por todos os stands e peche da xornada.

 

STANDS E ACTIVIDADES
Zona de retos
Espazo de actividades prácticas para o desenvolvemento de competencias transversais como a
planificación, a estratexia, o traballo en equipo, a toma de decisións e a resolución de problemas.
Contará coas seguintes dinámicas:
1. Beer Pong
2. Gafas de realidade virtual
3. Pista de números
Zona de experiencias
Stand de orientación laboral
Stand de emprendemento
Stand de arteterapia e creatividade
Stand da Dirección Xeral de Xuventude
Zona social e de descanso
Podcast móbil
Mural de ofertas

Este proxecto conta ademáis coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional. 

INSCRICIÓN GRATUÍTA NO QR

Talentos xuvenís QR

Encontro e Mostra TRansfronteriza Desafios Jovens. 22 a 24 de maio, ValenÇa

Encontro e Mostra TRansfronteriza Desafios Jovens. 22 a 24 de maio, ValenÇa

No ámbito do proxecto Desafios Jovens, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg España-Portugal, a FNAJ - Federação Nacional das Associações Juvenis e o Instituto Português do Desporto e Juventude organizan o Encontro e Mostra  Transfronteirizo Desafíos Jovens, do 22 ao 24 de maio de 2026, en Valença.

O proxecto conta tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Instituto de Emprego e Formação Profissional.

Este encontro ten como obxectivo reunir a uns 100 mozos do norte de Portugal e de Galicia, promovendo a reflexión e o debate sobre a participación xuvenil no desenvolvemento e o potencial das eurorrexións, cun enfoque especial no emprego xuvenil e o emprendemento, ao mesmo tempo que se fomenta a cooperación transfronteiriza.

CURSOS DE INGLÉS LABORAL E PORTUGUÉS

Publicación da convocatoria de cursos de formación en Inglés Laboral (niveis básico e intermedio) e Portugués (niveis A1/A2, B1 e B2) no marco do programa 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E (prazas limitadas)

Cursos de inglés laboral ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A 2ª EDICIÓN

Curso de portugués

Persoas admitidas, listaxe de agarda e persoas excluídas no curso de inglés laboral

Persoas admitidas, listaxe de agarda e persoas excluídas no curso de portugués

2ª edición do curso de inglés laboral:

 

Desafíos Jovens é un programa de cooperación transfronteiriza que promove a inserción laboral nos mercados de traballo da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. 

O proxecto ten como obxectivo favorecer e potenciar a inclusión de mozos e mozas a través de accións de apoio e capacitación, como a mellora das súas competencias dixitais, de innovación, de mobilidade e de emprendemeto, tanto para a creación do seu propio posto de traballo como para a súa integración laboral en sectores con potencial neste marco territorial transfronteirizo.

 

 

Non te perdas as nosas novidades, eventos, formacións e todas as accións do programa Desafíos Jovens.
¡Suscribete á newsletter e manterémosche informado/a!
¿Falamos?
desafiosjovens.xuventude@xunta.gal
 
Proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E