PAGAMENTO
Nos campos de Galicia e no estranxeiro:
O pagamento da cota de participación farase mediante impreso de taxa.
No correo electrónico recibido coa adxudicación da praza, enviaranse as instrucións para facer o pagamento. O prazo para facer efectivo este pagamento e remitir toda a documentación de inscrición, debidamente CUBERTA e ASINADA, é de 2 días hábiles.
Campos no estranxeiro con COTA EXTRA:

Existen algúns campos de voluntariado no estranxeiro que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que se deberá pagar Á CHEGADA AO CAMPO. Esta cota extra que aplican algunhas organizacións estranxeiras, especifícase na ficha informativa de cada campo de voluntariado (ver imaxe).
As persoas galegas que soliciten un campo de voluntariado da organización armenia HUJ, estarán exentas de pagar a cota extra especifica.
Nos campos de CCAA:
O pagamento da cota de participación farase mediante ingreso na conta bancaria que se indicará no correo electrónico recibido coa adxudicación da praza. Non obstante, hai campos de voluntariado con impreso de pagamento propio, que será remitido tamén ao correo electrónico trala inscrición e que se pode consultar a continuación:
CCAA con impreso de pagamento propio:
Cantabria: no apartado "Descrición", deberá figurar o nome e os apelidos da persoa participante, a denominación e a data do campo de voluntariado.
Estremadura: Datos para cubrir o impreso:
- Na páxina: https://modelo050.juntaex.es/modelo050/
- Órgano xestor: 15. Consejería de Cultura, Turismo, Jóvenes y Deporte;
- Concepto: 15109-4.
Andalucía: Datos para cubrir o impreso:
-
Marcar o cadro de autoliquidadación.
-
Indicar o nome do campo, data e lugar de realización.
-
Cubrir a data de devindicación (día no que se realiza o pago) e a cota (90€).
-
Código Territorial: no despregable, sinalar Instituto Andaluz de la Juventud
-
Código Provincia: S.S.C.C (elixir o único que hai)
-
Código Centro: SERV. CENTRALES I.A.J. (elixir o único que hai)
-
Concepto do pago: no despregable sinalar "Campos de servicio voluntario para jóvenes (0140)"
A Rioxa. O campo de voluntariado Alfaro II (Cód. 400003), Camino de Santiago (Cód. 400006) e Lumbreras (Cód. 400005):
-
Marcar: Autoliquidación
-
Código territorial: JU2601
-
Concepto: P012
Euskadi: enviarase por correo electrónico o enlace para cubrir a súa carta de pagamento.
