
Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”
Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”
O Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura organiza a oitava edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”.
Unha das principais novidades deste ano é que o xurado outargaralle un premio especial “Centenario Labarta Pose” dotado con 500€ que se lle outorgará á mellor comedia en homenaxe a Labarta e tendo en conta que na súa obra está moi presente a comedia.
Poderán participar todas aquelas compañías e/ou grupos galegas de teatro afeccionado.
Data límite para tramitar a inscrición: o 7 de abril .
Unha vez recibidos todos os traballos, un xurado formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius seleccionará as obras finalistas que se representarán os días 26 de abril, 3, 10, 17 e 24 de maio.
O 31 de maio será a entrega de premios.
Os premios repartiranse da seguinte maneira:
-Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
-Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
-Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
-Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
-Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
-Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo
-Premio especial centenario Labarta Pose: 500€, trofeo e diploma acreditativo
O mellor actor e a mellor actriz desta oitava edición da mostra tamén recibirán cadanseu trofeo e diploma acreditativo.
Máis información:
www.concellodezas.org
Comments