Skip to main content
Cartel anunciador do Ares Indiano

Cartel anunciador do Ares Indiano

O Concello de Ares convoca o I concurso para a selección do cartel anunciador do Ares Indiano.

Este é un concurso aberto a deseñadores, artistas e creadores que residan en Galicia. Polo tanto poderán participar no mesmo cantas persoas estean interesadas, que sexan maiores de idade, podendo presentar cada unha delas un máximo de 2 deseños a concurso.

A temática será libre, así como o seu estilo e técnica, aínda que o resultado será adecuado para anunciar o evento que nos ocupa, e a realidade deste municipio, procurando reflectir aqueles motivos que identifiquen o evento e a vila de Ares.
Nas obras presentadas deberá figurar de forma ben visible o seguinte texto:
  VIII ARES INDIANO
  22, 23 e 24 de agosto 2025
O deseño deberá contar cun espazo libre para a posterior inserción dos logotipos institucionais e privados que sexan necesarios. Para iso deixarase unha banda inferior de 5 cm de alto para tal fin, dentro do deseño.
Así mesmo é importante ter en conta que o deseño elixido do cartel aplicarase a moi distintos formatos publicitarios, (roll up, valos, mupis, dípticos, prensa, etc.) polo que o deseño debe permitir a súa adaptación horizontal e vertical, sendo identificable en calquera deles.

As persoas que se presenten a concurso deberán realizar o seu deseño en tamaño 50x70 cm, formato vertical.
Para a selección inicial enviarase en formato dixital, JPG, RGB, 300 ppp, cun peso máximo de 3 Megas e enviarase por mail á seguinte dirección: aresindiano@concellodeares.com con este asunto: Concurso Cartel Anunciador Ares Indiano 2025

Haberá un premio de 600 euros
O prazo de presentación das propostas estará aberto ata o 10 de maio do 2025.
Máis información no BOP da Coruña do 26 de febreiro de 2025

Comments