
Premio Internacional de Arte MGF 2025
O Centro de Arte Fundación María José Jove convoca o Premio Internacional de Arte Marta García-Fajardo 2025. Este premio ten como principais obxectivos estimular a produción artística mediante o respaldo aos creadores, facilitar a súa proxección e visibilidade, e enriquecer o ecosistema cultural a través do intercambio de ideas, perspectivas e narrativas que amplíen os discursos contemporáneos.
A convocatoria bienal, de ámbito internacional, conta cunha dotación económica de 15.000 euros en concepto de adquisición da obra premiada, que pasará a formar parte dos fondos da Colección de Arte do Centro de Arte FMJJ. Ademais, súmase a edición dunha publicación monográfica dedicada á traxectoria do artista gañador.
O premio está dirixido a artistas de ata 40 anos, sen restricións de nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá presentar obras en calquera disciplina e optar cun máximo de dúas pezas. O xurado valorará a evolución artística do artista, a súa capacidade crítica e o alcance global da proposta.
A inscrición realizarase a través do rexistro en liña das obras dispoñible ata o 22 de maio de 2025.
Os/as artistas interesados en participar poderán consultar as bases na web: https://centrodearte.fmjj.org/.
Ligazón para a aplicación: https://centrodearte.fmjj.org/premio-internacional-de-arte-marta-garcia-fajardo-2025/
O fallo farase público o 26 de xuño de 2025.
Comments