
Mostra de Teatro Afeccionado. Premios Lugrís Freire
O Concello de Sada convoca a XVIII Mostra de Teatro Afeccionado. Premios Lugrís Freire 2025
Poderán participar compañías ou asociacións que conten cun grupo de teatro afeccionado, independentemente da súa procedencia. As compañías interesadas poderán presentar as obras que desexen, sen límite de temática ou xénero
Premios
Premio directo de 800 € para as compañías seleccionadas para a fase de representacións da Mostra.
Premio Lugrís Freire ao "Mellor espectáculo para o público", cun importe de 400 €. O público asistente disporá de tarxetas de votación e depositarán a súa valoración ao final de cada función. O premio será para o espectáculo que acade a puntuación media máis alta.
Premio Lugrís Freire ao "Mellor espectáculo para o xurado", cun importe de 400 €.
Os espectáculos que resulten seleccionados nesta XVIII edición programaranse no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns, durante o mes de abril, no formato de entrada gratuíta ata completar aforo
As solicitudes presentaranse a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal (sede.sada.gal), mediante o procedemento «Solicitude xeral».
O prazo estará aberto ata o día 12 de marzo de 2025.
Máis información no BOP da Coruña 25 de febreiro de 2025
Comments