
VI Concurso de microrrelatos Luisa Rebollar "A Sariega"
VI Concurso de microrrelatos Luisa Rebollar "A Sariega"
O Concello de Sariego, a través da súa Biblioteca Municipal no marco da XXVIII Semana Cultural de Sariego organiza organiza a sexta edición do Concurso de microrrelatos Luisa Rebollar "A Sariega".
A temática é libre. As obras deben ser orixinais e inéditas (sen publicar en calquera formato, incluíndo o dixital) e poden estar escritas en asturiano ou en castelán.
A extensión do microrrelato non pode ser superior a 200 palabras. Cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.
A entrega dos traballos realizarase por correo electrónico á seguinte dirección: oijnava@lacomarcadelasidra.com indicando no asunto “Microrrelato A Sariega” remitindo dous arquivos adxuntos:
-O primeiro arquivo, en formato PDF, conterá o relato e o seu nome será o título da obra.
-O segundo arquivo, tamén en formato PDF e co nome de "plica (e título da obra)" conterá os datos da autoría da obra: Título, nome e apelidos do autor/a, con número de DNI/NIE/pasaporte, dirección postal, correo electrónico e teléfono.
-En caso de menores de idade, deberase incluír autorización de participación asinada por persoa titora responsable.
-Para evitar confusión, só se poderá presentar unha obra por envío.
O período de entrega dos relatos estará aberto desde o 17 de febreiro ata as 23,59 h. do xoves 20 de marzo de 2025 (ambos os incluídos).
Requisitos:
Poden participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen residentes no Estado español.
Dotación:
Establécense os seguintes premios: Primeiro Premio: Diploma e premio de 120 euros. Un finalista: Diploma e 60 euros.
Convoca: Concello de Sariego (Asturias)
Máis información:
oijnava@lacomarcadelasidra.com
Comments