Skip to main content
Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra

Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra

O Concello de Parada de Sil convoca a XIII edición do Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil 2025.

Os autores/as terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos.

Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.
A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega rematará o 27 de marzo de 2025. Non obstante, o certamen considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se acaden os mil relatos.

Todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo) que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal compoleta, email e teléfono, título completo do microrrelato + unha DECLARACIÓN XURADA asinada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

Premios
1º Premio: 1.000 € para o mellor relato presentado en castelán
1º Premio: 1.000 € para o mellor relato presentado en galego
2º Premio: 500 €
3º Premio: 300 €

https://www.paradadesil.es/index.php/gl/servizos/concurso 

Comments