Skip to main content
Premio Castelao de Banda Deseñada

Premio Castelao de Banda Deseñada

A Deputación da Coruña convoca o XX Premio Castelao de banda deseñada.

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías: 

a) Modalidade Xeral: Para todo tipo de lectores

b) Modalidade LIX: Especialmente dirixido ao lector infantil e xuvenil.

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.

A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 10 de febreiro de 2025 e rematará o 10 de abril de 2025

Máis información no BOP da Coruña núm.20 de 30 de xaneiro de 2025 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/

Comments