
Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia
A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia.
O prazo para o envío remata o 15 de abril e o acto de entrega terá lugar o 18 de maio.
Con esta iniciativa búscase impulsar a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas.
O galardón está dotado con 1.000 euros e a súa publicación estará a cargo da Edicións Embora,
Poderán participar todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos inéditos escritos en lingua galega.
Os orixinais terán un máximo de 30.000 caracteres, incluíndo espazos, e presentaranse co tipo de letra Times New Roman, corpo 12 e dobre espazo.
Os traballos enviaranse a fundacion@neiravilas.gal. Deberá empregarse un enderezo electrónico que garanta o anonimato do autor ou da autora. No dito correo xuntaranse dous arquivos PDF:
- Orixinal da obra dramática identificada cun lema
- Arquivo PDF nomeado como Plica seguido do mesmo lema empregado para o arquivo anterior. Aquí figurarán os datos da autoría, xunto co título real da obra e unha breve nota biográfica.
Máis información: Fundación Xosé Neira Vilas
Comments