
13º concurso microrrelatos OZOCOgz
OZOCOGZ convoca o seu 13º concurso microrrelatos. Os microrrelatos deberán estar escritos en lingua galega, podendo empregarse calquera das normativas (ILG-RAG ou AGAL). Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados a ningún outro concurso ou certame literario. As autoras ou autores serán responsables tanto da autenticidade dos textos como dos seus propios datos.
A temática leva como título xenérico FUTURO / CIENCIA FICCIÓN.
O prazo de envío dos microrrelatos vai dende o 1 de febreiro até o 30 de abril de 2025,
A autora ou autor deberá cumprir cos seguintes requisitos de carácter obrigado. O non cumprimento dalgún destes puntos significa a non aceptación do seu relato no concurso:
– Ter cumpridos os 16 anos ou máis
– Ter un perfil en Facebook
Compartir o evento do concurso engadindo a etiqueta @ozocogz e os hastags #ConcursoMicro-relatosOZOCOgz e #ConcursoMicrorrelatosOZOCOgz
Premer (de non telo feito con anterioridade) no “Gústame” da páxina (FanPage) en Facebook e facerte Seareiro ou Seareira desta.
A extensión máxima dos microrrelatos será de 150 palabras.
Admitirase só 1 microrrelato por perfil de Facebook.
Máis información e bases: OZOCOgz
Comments