
Concurso de Banda Deseñada de Humor "Demo Pequeno"
Demo Editorial e o Museo do Humor Xaquín Marín convocan o III Concurso de Banda Deseñada de Humor "Demo Pequeno". O premio convócase co obxectivo de achegar os escolares galegos ao mundo da banda deseñada, fomentando a súa creatividade desde unha perspectiva humorística. Valorarase a composición do debuxo e o uso de diferentes técnicas pictóricas pero tamén a propia historia e o sentido humorístico da mesma.
Poderán participar no certame mozos e mozas de 8 a 16 anos, residentes en Galicia. A participación poderá ser a título individual ou por equipos de dúas persoas (guionista + debuxante), nas seguintes categorías:
- Infantil: de 8 a 11 anos
- Xuvenil: de 12 a 16 anos
Os autores e autoras participantes presentarán unha única historia curta de banda deseñada (máximo 1 páxina) ou tira cómica, con enfoque humorísitico e temática centrada nas BIBLIOTECAS como espazos fundamentais para a educación, a cultura, a inclusión, a información… nos que, ás veces, acontecen escenas hilarantes, que provocan risa.
A obra deberá ser inédita e orixinal. Presentarase en papel ou cartolina en tamaño 297x210 mm (DIN-A4) ou 297x420 mm (DIN-A3). Non se admitirán fotocopias.
Todos os textos que se inclúan na obra deberán estar redactados en galego aínda que tamén se poderán presentar traballos sen texto.
O prazo de presentación de orixinais remata na medianoite do domingo 18 de maio de 2025
Premios:
- Categoría Infantil (de 8 a 11 anos)
1º Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75 € e diploma
2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 50 € e diploma.
- Categoría Xuvenil (de 12 a 16 anos)
1º Premio, dotado con 150 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 100 € e diploma
2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75 € e diploma.
Máis información: Museo do Humor
Comments