Skip to main content
Nortear

Nortear

O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da CCDR-Norte, I.P. (Portugal), da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

As obras serán relatos curtos orixinais e inéditos, escritos en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega. A extensión será de entre 5.000 e 8.000 palabras. Cada candidato/a poderá presentar ata dúas obras.

Poden participar no premio Nortear todas as persoas nacidas e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
A presentación das obras realizarse a través da Plataforma de Nortear.

Premio único: 3.000 € e publicación

O prazo de presentaión das obras estará aberto ata o 30 de xuño de 2025.

Máis información: https://nortear.gnpaect.eu 

Comments