Skip to main content
VIII Edición do concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

VIII Edición do concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

A Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei (Lugo) organiza un concurso de videopoemas que ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María.

O concurso vai destinado a todo o alumnado galego de ensino non universitario a partir da ESO, podendo facelo tanto a nivel individual como grupal.

Estabelécese unha única categoría que abranxe desde a ESO até segundo de Bacharelato e Ciclos Formativos.

Os videopoemas consistirán nun vídeo baseado nunha composición poética en galego de Rosalía ou de Manuel María. O poema deberá aparecer nalgún momento do videopoema, ben sexa impreso, recitado ou en calquera outra opción que se considere.

Prazo. Os centros participantes deberán realizar a súa preinscrición antes do 18 de marzo. Deberán facela por correo electrónico en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. A Casa-Museo confirmará ao centro a recepción da solicitude no prazo de 48 horas

O xurado estabelecerá os que, ao seu xuízo, son os dous mellores traballos presentados, atribuíndoselles como premio una tablet para cada un. Os premios son únicos, independientemente do número de persoas que participen na realización dos videopoemas premiados. Todas as persoas participantes que fosen seleccionadas para a fase final recibirán un diploma por participaren así como un libro de Manuel María.

Máis información: Casa-Museo Manuel María

BASES

Comments