Skip to main content
Concurso de cómic "Noble Villa de Portugalete"

Concurso de cómic "Noble Villa de Portugalete"

O Concello de Portugalete convoca o XXIX Concurso de cómic "Noble Villa de Portugalete".

As e os autores poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta, neste caso deberán indicar a porcentaxe de participación de cada un.

O tema será libre, pero os personaxes protagonistas deberán ser orixinais, de creación propia, e inéditos.
Só se poderá presentar ao concurso a obra orixinal, que poderá ser realizada en técnica libre.

Queda excluída calquera tipo de copia.
Aceptaranse como orixinais as obras creadas ou tratadas con técnicas informáticas.

Establécense dúas categorías:

- CÓMIC: As obras constarán de catro páxinas impresas, numeradas, convenientemente rotuladas, en tamaño de DIN A-4, ou medida proporcional e en formato vertical.

- TIRA CÓMICA: As obras presentaranse impresas, convenientemente rotuladas, en tamaño de 19 x 8 cm, ou medida proporcional, dividida en dúas ou máis viñetas. O formato será horizontal.

Os traballos poderán presentarse tanto en cor como en branco e negro, non poderán levar o nome da autora ou autor de maneira visible e presentaranse en sobre, sen firma nin nome, baixo un título ou lema.
No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título e os datos persoais da autora, autor ou autores: nome e apelidos, teléfono, data de nacemento, dirección completa e dirección de correo electrónico, xunto cunha fotocopia do DNI.

O prazo de presentación de obras finaliza o 30 de abril de 2025.

Requisitos:
Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen, sen limitación algunha en canto ao número de obras a presentar a cada categoría.

Dirección:
Centro Cultural Santa Clara
XXIX Concurso de Cómic "Noble Villa de Portugalete"
C/ Casilda Iturrizar, 10
48920 Portugalete (Bizkaia)

Premios categoría COMIC:
- Primeiro premio "Noble Villa de Portugalete": 1.700 € e trofeo
- Segundo premio: 1.250 € e trofeo.
- Terceiro premio: 900 € e trofeo.
- Cuarto premio: 700 € e trofeo.
- Quinto premio: 300 € e trofeo.
- Accésit á mellor obra en eúscaro: 300 € e trofeo.
- Accésit á autora ou autor local: 300 € e trofeo.
- Accésit xuvenil Ata 16 anos (nacidos desde o ano 2009) 200 € e trofeo.

Premios categoría TIRA CÓMICA:
- Primeiro premio: 300 € e trofeo
- Accésit menor de 18 anos: 100 € e trofeo .

Máis información: Concello de Portugalete

Comments