Skip to main content
Premio Carmen Conde de Poesía escrita por Mulleres

Premio Carmen Conde de Poesía escrita por Mulleres

Edicións Torremozas convoca o XLII Premio Carmen Conde de Poesía escrita por Mulleres (2025).

Os orixinais, con liberdade de tema e forma, deberán ser inéditos na súa totalidade e ter unha extensión non inferior a 600 versos nin superior a 800. Admitirase un só poemario por autora.

Os libros presentados deberán incluír os datos persoais da autora (nome, domicilio, teléfono e correo electrónico) e unha breve apunta bio-bibliográfica.

O envío farase chegar por correo electrónico á dirección premios@torremozas.com indicando no asunto "Para o premio Carmen Conde". 

Prazo de inscrición ata o 16 de marzo de 2025

Poderán concorrer ao mesmo mulleres poetas de calquera nacionalidade con libros escritos en lingua española non premiados anteriormente en ningún outro concurso.

O premio consistirá na publicación do libro premiado na Colección Torremozas, con entrega de 50 exemplares á súa autora. A Editorial resérvase os dereitos da primeira edición (500 exemplares) e, en caso de posteriores edicións, estas serían obxecto de contrato coa poeta premiada.

Máis Información: Premio Carmen Conde

Comments