
Apoio a festivais musicais, teatrais e de cinema en Pontevedra
A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para o apoio ao desenvolvemento e á organización dos seguintes eventos na provincia de Pontevedra:
Organización de festivais ou certames cinematográficos de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen especial atención á programación e á difusión do cine galego e ás demais variantes lingüísticas de produción.
Organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que lles dediquen especial atención á programación e á difusión da música e do teatro galegos, ademais doutras variantes artísticas
Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
O prazo de presentación das propostas estará aberto ata o 26 de marzo do 2025.
Máis información no BOP de Pontevedra do 26 de febreiro de 2025
Comments