Skip to main content
poesia relato breve

Certame Literario Cascabel de Poesía e Relato breve

A Fundación Comillas convocou a IV edición do Certame Literario Cascabel de Poesía e Relato Breve.

Este certame literario ten como obxectivo promover e dar a coñecer a novos talentos literarios. 

Modalidades:
- Modalidade xeral dirixida a todas as persoas afeccionadas á escritura, independentemente da súa idade ou condición académica.
- Alumnado de 4º da ESO e bacharelato
- Estudantes universitarios de calquera grao ou máster. 

Categorías:
- Poesía 
- Relato breve

Os orixinais presentaranse en lingua castelá.
Características de presentación: fonte en Times New Roman 12. Interliñado 1.5 puntos. Espazado anterior e posterior de 6 puntos. Formato PDF.

Categoría poesía: a obra debe ter unha extensión máxima de 50-60 versos.
Categoría relato breve:  máximo dúas páxinas en formato A4.

A obra debe ser inédita e non debe ser galardoada noutro concurso literario nin pode estar á espera do fallo doutros certames. Débese certificar que o relato é orixinal

Todas as persoas participantes deberán ter residencia en España. Cada participante presentará unha única proposta tanto na categoría de poesía como na categoría de relato breve e a temática é libre. 

Poderanse enviar as obras ata o 24 de marzo ás 23:59 h.

Outorgaranse os seguintes galardóns por grupo e modalidade:
Premio "Primeiro Cascabel 2025": distinción acreditativa, lote de libros, bolsa.
Premio "Segundo Cascabel 2025": distinción acreditativa, lote de libros, bolsa.

https://fundacioncomillas.es/2025/03/11/iv-edicion-del-certamen-literario-cascabel-de-poesia-y-relato-breve/

Comments