Quen pode participar?
Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
É obrigatorio ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
Que se lles ofrece ás persoas voluntarias?
- Un equipo humano que os/as acollerá e lles axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.
- Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
- Un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
- Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
- Un seguro de accidentes e responsabilidade civil
Que se lles demanda ás persoas voluntarias?
- Participar desinteresadamente os días e horas estipuladas no proxecto que se vai desenvolver.
- Colaborar e participar no desenvolvemento da programación das actividades de animación.
- Contribuír á organización xeral do campo (tarefas de limpeza, cociña, administración, etc.).
- Respectar as distintas crenzas, ideoloxías e diferenzas persoais de todas as persoas participantes do campo.
- Permanecer no campo durante o período programado.
- Respectar as normas de réxime interior e de convivencia propias do campo, que serán, entre outras, as seguintes:
- Aceptar as indicacións das persoas responsables da actividade.
- Cumprir os horarios en xeral.
- Non utilizar vehículos particulares durante o tempo de duración do campo.
- Non consumir bebidas alcohólicas e/ou outras substancias nocivas.
- Non se admitirán persoas alleas ao campo.
Poderán ser expulsadas do campo as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cando o seu comportamento dificulte ou impida a convivencia.
No desenvolvemento dos campos de voluntariado recolleranse experiencias, imaxes, fotografías, vídeos, vídeos con voz, material gráfico, etc., das persoas participantes na actividade para a súa publicación a través dos medios de difusión corporativos das iniciativas e actividades da Xunta de Galicia e as entidades pertencentes ao sector público autonómico de Galicia, tales como páxinas web, redes sociais, álbums, informes/documentos derivados da actividade e noutros medios de comunicación social.
Para estes efectos, as persoas participantes deben cubrir a declaración sobre a autorización para a captación de imaxes, indicando se dan ou non ou seu consentimento.
Persoas con discapacidade:
As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.