Ir o contido principal
 

O programa Galicia Moza con ALMA é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación por diversos motivos, tanto individuais como estruturais.

O obxectivo deste programa é outorgar ferramentas ás persoas mozas vulnerables inscritas no SNGX para que se integren na sociedade, accedendo a un emprego ou a unha formación.

Galicia Moza con Alma ofrece ás persoas mozas vulnerables:

  • unha formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego;
  • practicas formativas non laborais, titorizadas, de dous a tres meses nun país da UE,
  • e ao seu regreso, o apoio continuado para empregar as novas capacidades adquiridas na busca de emprego ou para seguir estudando.

 

Galicia Moza con Alma

MÁIS INFORMACIÓN

Enlace ao DOG do 28 de xaneiro de 2026

Prazo de presentación de solicitudes: do 29 de xaneiro ao 2 de marzo;

Sede Electrónica (Código de procedemento CT510A)