Ir o contido principal
 

Trátase dunha especie de barriñas moi delgadas que se insiren na cara interna do brazo, previa anestesia local e sempre coa asistencia necesaria de persoal médico. Ten unha eficacia dun 99% e custa entre 160 e 180 euros (valor aproximado).

Fotografía dun implante subdérmico que permite apreciar o seu tamaño inferior as cinco centimetros de longo, xa que aparece collido cos dedos pulgar e índice dunha man

Os seus efectos son os mesmos cós do resto dos métodos hormonais de proxestáxenos: impide a ovulación e espesa o moco cervical. É un dos métodos máis seguros que existen.

A súa duración activa vai dende os 3 ata os 5 anos dependendo do tipo: 3 anos os Implanon® e 5 anos os Jadelle®.