Ir o contido principal
 

Salientan a infección por citomegalovirus (CMV) e a infección por Molluscum contagiosum.

Infección por Citomegalovirus (CMV). Son da familia dos herpes, e están extendidísimos (afectan os 2/3 da poboación), causando afeccións non graves, agás en persoas inmunodeprimidas e na xestación. Están presentes no seme, nas secrecións vaxinais, nos ouriños, no leite e no cuspe, e tamén na farinxe. Non ten tratamento.

Infección por Molluscum contagiosum. Son da familia da Varíola e o 60% dos casos son por contacto no sexo. Producen pápulas pequenas cunha depresión típica no centro, que aparecen na vulva, no perineo, no pene, na cara interna das coxas ou no baixo ventre. Rara vez dan proído.