
Concurso de Pintura “CrearTE na Universidade”
XIV Concurso de Pintura “CrearTE na Universidade”
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela convoca o concurso de pintura “CrearTE na Universidade”,
A obra deberá ser creada entre xaneiro de 2024 e marzo de 2025.
A temática e a técnica serán libres.
Só se poderá presentar unha obra por artista, a cal deberá ser inédita e non ser premiada noutro evento ou concurso.
O tamaño da obra non poderá ser inferior a 50x50 cm nin superior a 120x120 cm.
Se a obra consta de varias partes, calcúlase o total das partes para efectos de dimensión.
As obras deberán presentarse enmarcadas cunha tira de ancho máximo de 3 cm, ou ben sen marco pero sobre bastidor. Non se permiten obras protexidas con cristal ou enroladas.
Os candidatos/as farán chegar a obra presentada, debidamente protexida, ao Decanato da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, Avda. de Burgos, s/n. Campus Norte, 15782 Santiago de Compostela, indicando "Concurso de Pintura CreaArte na universidade.
Requisitos:
Pode participar calquera persoa, pertenza ou non á comunidade universitaria.
Dotación: 1.200€ para a obra gañadora.
Convoca:
Universidade de Santiago de Compostela
Máis información:
ecoade.decanato@usc.es
Comments