
Canta Rosalía!
A Deputación de Pontevedra convoca o Concurso Escolar Canta Rosalía!, que ten como fin homenaxear a Rosalía de Castro e achegar a súa obra e a súa figura dun xeito creativo ao público máis novo.
O concurso está dirixido ao alumnado de primaria e secundaria dos centros escolares e de educación especial da provincia de Pontevedra, que poderá participar de xeito grupal e cun representante do centro escolar (docente ou integrante da Dirección ou Xefatura de Estudos)
Categorías
“Campaniñas”: 1º, 2º e 3º de primaria (de 6 a 9 anos)
“Airiños”: 4º, 5º e 6º de primaria (de 9 a 12 anos)
“Fontiñas”: ESO (de 12 a 15 anos)
“Paxariños”: educación especial
Participación
Vídeo horizontal cunha duración máxima de 4 minutos e coa calidade suficiente para un visionado correcto (gravado con teléfono móbil ou con videocámara).
Interpretación musical en lingua galega dun poema ou poemas de Rosalía de Castro ou un contido relacionado con esta autora. Admítese tamén o uso ou posta en escena dun poema xa musicado por unha ou un artista ou grupo musical.
Documento onde se describa moi brevemente o motivo ou inspiración que levou ao grupo a realizar esa peza e o significado ou obxectivo desta.
As pezas creadas deberán ser orixinais e que non participasen neste concurso en anteriores edicións
Participación grupal: cada centro poderá participar cun ou varios grupos en distintas categorías e presentará unicamente unha proposta por curso.
O alumnado poderá ser axudado polos seus docentes.
As obras enviaranse en formato audiovisual mediante ligazón de descarga ao correo electrónico participa.cultura@depo.gal
O prazo de presentación das creacións para participar no concurso estará aberto ata o 21 de marzo de 2025
Premios
Os premios constarán duns lotes de produtos didácticos e musicais valorados en 400 ou 300 euros e unha actuación ou actividade cultural para cada 1º premio valoradas en 600 euros.
Comments