Ir o contido principal
 Concurso de Contos “Gabriel Miró”

Concurso de Contos “Gabriel Miró”

A Fundación Mediterráneo convoca a 63ª edición do Concurso de Contos “Gabriel Miró”. As obras de tema libre e escritas en lingua castelá deberán ser inéditas e non poden ter sido publicadas nin total nin parcialmente, nin premiadas en ningún outro concurso, certame ou actividade literaria. A extensión máxima é de 8 páxinas. Cada autor poderá presentar ata dúas obras.

A presentación das obras realizarase a través da plataforma de inscrición.

Requisitos
Poderán participar no concurso todas as persoas españolas ou estranxeiras que non teñan obtido este premio en edicións anteriores.

Dotación
Primeiro premio: 3.000 €
Segundo premio: 1.000 €

O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de marzo de 2025.

Máis información:
https://premiosliterarios.fundacionmediterraneo.es

Comments