Ir o contido principal
Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Concurso Manuel María de Composicións Musicais

A Casa-Museo Manuel María convoca o IV Concurso Manuel María de Composicións Musicais.

O certame ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
As composicións deberán ser orixinais, inéditas, sen estrear e cunha duración máxima de 5 minutos e mínima de 2 minutos e medio.
O poema será de libre elección da persoa concursante de entre todos os escritos por Manuel María, respectando sempre o orixinal, sen o someter a tradución.
A composición estará clasificada dentro da modalidade de canción galega.
Nesta edición a canción estará escrita para a voz de barítono con acompañamento de piano.
Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas cancións.

premio son 1.000 euros para a composición gañadora ao que hai que engadir a publicación das partituras das persoas finalistas, das cales recibirán 10 exemplares e a súa distribución gratuíta para todos os Conservatorios de Música de Galiza.

O concurso desenvolverase en dúas fases de maneira que na primeira o xurado seleccionará un máximo de cinco cancións finalistas que pasarán a unha segunda fase.
Na fase final determinarase a canción gañadora entre as finalistas.
Para iso levarase a cabo un acto con concerto público que terá lugar no auditorio da Casa-Museo Manuel María durante o mes de outubro.
Ese día unha soprano e un pianista interpretarán as cancións seleccionadas, dentro dun recital de cancións galegas.
No propio acto, após a correspondente deliberación, o xurado dará a coñecer a composición gañadora.

O concurso está aberto á participación de todas as compositoras e compositores que o desexaren, tendo de prazo até o 15 de xuño de 2025.

Os orixinais enviaranse por correo certificado a: Fundación Manuel María de Estudos Galegos. R/Educación 4, 7º Dta. 15011 – A Coruña.
O envío da peza tamén se poderá realizar por e-mail a contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

www.casamuseomanuelmaria.gal 
Teléfono: 698 177 621
Correo electrónico: contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Comments