Ir o contido principal
Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

A asociación AGADEA Alzhéimer convoca o IV Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer e faino coa vontade de concienciar a sociedade sobre a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade

O núcleo temático da obra será a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas próximas de deterioración cognitiva, así como todos os elementos que xiran arredor delas.

Poderán presentarse ao premio autores/as que teñan cumpridos os 18 anos, de calquera nacionalidade con obras escritas en galego

As obras presentaranse, preferentemente, en soporte dixital USB/CD, e noutro sobre a plica na que figuren os datos persoais e un teléfono de contacto, así como a declaración de orixinalidade e non edición nin difusión pública.

O sobre que contén a plica e mais o USB será enviado á sede de AGADEA Santiago indicando no exterior IV Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer:
Rúa de Salgueiriños de Abaixo, nº 15.
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

Tamén poden enviarse en formato papel coa presentación de 5 exemplares perfectamente grampados, cosidos ou encanutillados, acompañados dun sobre que contén a plica cos datos.

Establécese un único premio dotado con 3.000 €.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 1 de xullo de 2025

https://www.agadea.org/

Comments