Ir o contido principal
Premios e concursos da Deputación da Coruña

Premios e concursos da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña convoca os seguintes premios:

XXXVII Premio de narrativa Torrente Ballester en lingua galega e en lingua castelá.

Poderán optar ao premio todas aquelas persoas, que non o obtiveron nos cinco anos anteriores a este e que presenten obras inéditas, escritas en lingua galega ou en lingua castelá e non premiadas con anterioridade.

As obras serán de tema e extensión libres, poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos.
Premio para a obra en galego: 15.000 €
Premio para a obra en castelán: 15.000 €


XV Premio de ensaio Manuel Murguía

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten ensaios en lingua galega sobre Galicia, ou relacionados con ela, inéditos e non premiados en ningún outro premio ou certame.

Establécese un premio de 6.500 €.

Os traballos farán referencia a calquera aspecto de Galicia (lingua, cultura, sociedade, economía, historia, pensamento...).
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XII Premio de ensaio “Manuel Murguía,de Ensaio”, título da obra e lema o pseudónimo
O tratamiento de texto será Word, OpenOffice, PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademáis deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre aparte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do seu autor; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.


XX Premio internacional de arte gráfico Jesús Núñez

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade calquera que sexa a súa nacionalidade, que non obtivesen o premio nas cinco edicións anteriores, e que presenten obras que non fosen presentadas anteriormente a ningún outro concurso ou certame.

Premios:
Primeiro premio de 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC.
Dous accesits consistentes cada un deles en bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
As obras presentaranse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos do autor, e o ano da súa realización.
As medidas do papel non excederán de 76 x 112 cm e o tamaño da mancha imprimida será, como mínimo, de 28 x 28 cm. O grosor das obras non poderá superar 1 cm.


XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

O premio son 6.500 €.

As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc.

 

XIX Certamen de Arte Isaac Díaz Pardo

Poderán participar todas as persoas galegas ou residentes en Galicia, que traballen no campo das artes plásticas.
Cada artista poderá concorrer ao certame cun máximo de dúas obras.

Establécese un premio único dotado con 6.500 € e ademais adquirirase obra por un importe máximo de 25.000 €.
A temática e a técnica das obras serán libres; establecéndose os seguintes límites ás súas dimensións:
Pintura e obra gráfica: 2 x 2 metros.
Escultura: 2 x 2 x 1 metros e 70 k

 

XVII Concurso Fran Pérez "Narf".

Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...)
Cada grupo ou artista participará cun mínimo de catro temas. Todos os temas presentados deberán ser orixinais tanto na letra como na música, e compostos polo grupo ou persoas que o compoñen ou pola persoa artista, no caso de participaren individualmente.
A maqueta dos temas presentados terá unha duración máxima de 20 minutos.

Premios:
1º premio: 4.000 €
2º premio: 2.000 €
3º premio: 1.500 €

 

XXII Premio de teatro Rafael Dieste

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.

Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

O tema e a extensión da obra será libre.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata ás 14:00 h do 10 de abril de 2025
Máis información no BOP da Coruña do 6 e do 10 de febreiro de 2025 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/

Comments