Ir o contido principal
Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais

Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais

A Deputación da Coruña convoca o XVII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais.

Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...)
Cada grupo ou artista participará cun mínimo de catro temas. Todos os temas presentados deberán ser orixinais tanto na letra como na música, e compostos polo grupo ou persoas que o compoñen ou pola persoa artista, no caso de participaren individualmente.
A maqueta dos temas presentados terá unha duración máxima de 20 minutos.

Premios:
1º premio: 4.000 €
2º premio: 2.000 €
3º premio: 1.500 €

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto desde o día 10 de febreiro de 2025 ata ás 14:00 horas do 10 de abril de 2025

Máis información en https://www.premionarf.gal/o-concurso/o-concurso/

Comments