Ir o contido principal
Exposición 'Gaza: o eco dos esquecidos'

Exposición 'Gaza: o eco dos esquecidos'

Exposición 'Gaza: o eco dos esquecidos'

A Universidade de Santiago e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas inauguran o luns, 3 de febreiro, no marco da Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas, a exposición ‘Gaza: o eco dos esquecidos’ na Igrexa da Universidade.

Na apertura oficial participarán o reitor da USC, Antonio López Díaz; o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez; a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González Rodríguez, o comisario da mostra, Cibrán Meléndez Cabo, e a comisaria, Estela Pintos Tourón.

No acto intervirá ademais o profesor de Economía Aplicada da USC e experto en xestión cultural e economía da cultura, Francisco Javier Sanjiao Otero, que presentará a Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Cultura da que é co director xunto con Jesús Núñez e que comeza a súa andaina con esta mostra.

A exposición
‘Gaza: o eco dos esquecidos’ presenta a realidade do xenocidio en Gaza a través da perspectiva dos reporteiros gráficos gazatís Mohammed Zaanoun, Ahmed Zakot e Abood Abu Salam, que documentan os actos do exército israelí desde dentro, ofrecendo unha visión real sobre os crimes contra a humanidade.

Esta exposición busca ademais destacar as vítimas, os “esquecidos”, os seres humanos con nome e apelidos que en moitas ocasións só atraen a atención dos medios de comunicación de masas, mostrando a súa vida cotiá e o impacto real do masacre nas súas vidas.

26 fotografías, o documental Hospital Al Shifa: os crimes soterrados cedido pola televisión Al Jazeera, vídeo-testemuños dos reporteiros gráficos e unha creación artística compoñen esta mostra que poderá visitarse ata o 31 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Máis información:
www.usc.gal

Comments