
Bolsas de investigación da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas de investigación distribuídas nas seguintes áreas:
- Área de artes e humanidades: 5 bolsas
- Área de ciencias: 4 bolsas
- Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
- Área de ciencias sociais, xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas
- Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación, e que reúnan os seguintes requisitos:
– Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
– Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
– Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ás 14:00 horas do día 11 de abril de 2025.
Máis información no BOP da Coruña do 28 de febreiro de 2025
Comments