Ir o contido principal
Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica

Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica

A Xunta de Galicia convoca os Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2023/24 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

O alumnado, para poder ser premiado, deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Ter no curso académico 2023/24 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
- Ter superado no curso académico 2023/24, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo, serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados e os créditos optativos, cursados a maiores, que non sexan necesarios para obter a titulación.
- Estar matriculado da mesma titulación no curso 2024/25.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Máis información no DOG do 3 de marzo de 2025

Comments