
CanteirIA: PROGRAMA DE IA E EMPRENDEMENTO PARA A MOCIDADE GALEGA
4 días para construir o teu MVP con IA
Do 24 ao 27 de setembro en Ribadavia.

¿Tes unha idea pero non sabes como convertela en algo real? O programa CanteirIA é unha experiencia de 4 días onde aprenderás a construír o teu primeiro MVP usando as ferramentas de IA máis actuais — sen necesidade de saber programar.
Usarás Lovable para xerar aplicacións funcionais en horas, ChatGPT para validar hipóteses e redactar, Google Stitch para deseñar, Gamma para presentar e ferramentas de automatización para conectalo todo. O obxectivo non é aprender IA en abstracto: é usala para facer avanzar o teu proxecto real.
¿Qué farás cada día?
📅 Día 1 — Chegas, coñeces ao equipo, presentas a túa idea e formas equipo con outros perfís complementarios.
📅 Día 2 — Defines o problema, a clientela e o modelo de negocio. Visita guiada a Ribadavia.
📅 Día 3 — Constrúes o MVP con IA e no‐code: app, prototipo ou landing page funcional nun día.
📅 Día 4 — Presentas o teu proxecto, recibes feedback e marchas cun roadmap para os próximos 30 días.
¿Qué inclúe?
Aloxamento e manutención completa, materiais, acompañamento por facilitadores especializados en emprendemento, deseño de produto e IA, actividades de convivencia e sesión de seguimento en liña 30 días despois do programa. Non están incluídos os desprazamentos de ida e volta ata Ribadavia. Recoméndase vir con portátil propio; se non é posible, a organización dispón de algúns equipos de apoio e é posible compartilos entre participantes.
¿A quen va dirixido?
A mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal cunha idea ou proxecto que queiran materializalo usando as ferramentas de IA máis actuais. Non necesitas saber programar. Si necesitas ganas de construír.
Valorarase a complementariedade de perfís: tecnoloxía, deseño, negocio, comunicación, sector rural, economía social.
Prazas
Máximo 15 participantes. Selección pola calidade do proxecto e diversidade de perfís. Participación gratuíta.
Prazo de inscricións: do 29/07 ao 16/08
INSCRÍBETE EN
https://apunta.xunta.gal/gl/form/canteiria-programa-ia-mocidade
Preguntas frecuentes
¿Necesito ter xa una idea de negocio?
Non é imprescindible, pero si recomendable chegar con algunha inquedanza ou área de interese. Tamén podes incorporarte a un equipo xa existente durante o primeiro día.
¿Necesito coñecementos técnicos ou de programación?
Non. As ferramentas de IA que usamos (Lovable, ChatGPT, Figma, Gamma) están deseñadas para que calquera perfil poida construír un prototipo funcional sen programar.
¿Teño que levar portátil?
Recoméndase vir con portátil propio. Se non é posible, indícao na inscrición e a organización intentará facilitar un.
¿Podo apuntarme se son de Portugal?
Si. O programa está dirixido especificamente a mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal. Foméntase a formación de equipos transfronteirizos.
¿Hay algún requisito de idade para participar?
O programa está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos residentes en Galicia ou no Norte de Portugal.
¿Ónde se realiza o campamento?
O programa ten lugar en Ribadavia (Ourense, Galicia). Compartiremos o enderezo exacto do espazo coas persoas participantes seleccionadas.
¿Cómo é o traslado ao campamento?
O desprazamento ata Ribadavia corre a cargo de cada participante. O aloxamento, as comidas e todas as actividades durante os 4 días están incluídos e cubertos pola organización.
Este programa realízase pola Dirección Xeral de Xuventude no marco do programa Desafios Jovens, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021‐2027, e conta coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional.
