Ir o contido principal
Proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E

FALAR EN PÚBLICO: oratoria, presentacións públicas, persuasión e habilidades comunicativas

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso en liña “Falar en público: oratoria, presentacións públicas, persuasión e habilidades comunicativas”.

Este curso ten por obxectivo potenciar as habilidades comunicativas e axudarche a liderar calquera situación con éxito. A través de vídeos e recursos teóricos accesibles en liña, aprenderás a estruturar intervencións persuasivas, dominar a comunicación verbal e non verbal, e desenvolver o teu liderado e asertividade.

 

DESTINATARIOS: persoas mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso

📅 DATAS DE CELEBRACIÓN: 23/10/2026 a 30/11/2026

️Nº DE PRAZAS: 50

INSCRICIÓN: gratuíta

💻 MODALIDADE: en liña

 

🚀 OBXECTIVOS PRINCIPAIS

  • Comunicar con impacto: Adquirir a claridade, confianza e convicción necesarias para transmitir coñecemento con asertividade.

  • Potenciar a persuasión: Desenvolver unha actitude proactiva, mellorar a capacidade argumentativa e dominar a escoita activa en contextos persoais e profesionais.

  • Deseñar discursos efectivos: Aprender a redactar intervencións e crear presentacións de éxito baseadas no pensamento crítico.

📚 PROGRAMA FORMATIVO

MÓDULO 01 - Pensamento e autoconciencia

1.1 O poder do pensamento nas accións comunicativas: o cerebro do comunicador e o cerebro do oínte. Primeiras impresións.
1.2 Reflexionar sobre a comunicación antes de preparar unha intervención pública: as 7 preguntas clave. Concentración e relaxación.
1.3 Adaptar a linguaxe á audiencia: situar o público no centro do discurso e comprender as súas necesidades.
1.4 A persuasión e as súas canles principais. Técnicas para manter a atención. Estimular a espontaneidade e a creatividade.
1.5 A intelixencia emocional axúdanos a comunicar mellor. O poder que a nosa linguaxe exerce sobre a mente. Xestión do estrés.
1.6 Ideas clave. 

MÓDULO 02 - Estrutura interna

2.1 Creación e organización de discursos e presentacións públicas.
2.2 O modelo ARE e a regra de tres.
2.3 Introducións e conclusións.
2.4 O poder da narración (*storytelling*).
2.5 Improvisar en público.

MÓDULO 03 - Forma externa

3.1 Impacto da comunicación: comunicación non verbal, oral e verbal. Linguaxe corporal, xestos e sincronización da postura e o movemento coa mensaxe. Técnica vocal (volume, entoación e pausas).
3.2 Tipos de oradores.
3.3 Avaliar a miña oratoria e a dos demais: o poder da retroalimentación (*feedback*).

MÓDULO 04 - Influír a través da comunicación

4.1 Claves para marcar a diferenza: carisma e reputación.
4.2 Asertividade e comunicación positiva como medios para previr crises e conflitos comunicativos.

RECURSOS E ACOMPAÑAMENTO

VÍDEOS EXPLICATIVOS DE CADA MÓDULO

Módulo 1: Antes de falar en público
Módulo 2: Planificar, estruturar e deseñar diferentes formatos de comunicación
Módulo 3: Cada xesto ten significado
Módulo 4: Comunica con autenticidade

TITORÍA GRUPAL

Unha sesión en liña de 1 hora para resolver dúbidas e compartir avances.

TRABALLO FINAL (OPCIONAL)

Gravación dun vídeo cunha exposición oral para recibir un feedback individualizado por parte do titor.

https://apunta.xunta.gal/gl/form/falar-en-publico

(inscrición aberta ata o 21.10.2026 ou ata esgotar prazas)

Máis información en desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

Este curso convocase pola Dirección Xeral de Xuventude no marco do proxecto transfronteirizo de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal Desafios Jovens, un programa europeo Interreg POCTEP que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.

Este proxecto conta coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional.