Ir o contido principal
Proxecto 0229_DESAFIOS_JOVENS_GNP_1_E

Desafíos Jovens - Maratón Creativo

Muller | Rural | Futuro

Maratón creativo

Tes entre 18 e 30 anos e queres contribuír a transformar o rural? Do 20 ao 22 de novembro, participa nunha fin de semana de creatividade, innovación e convivencia na que as túas ideas poden converterse en solucións reais para mellorar as oportunidades das mulleres no rural galego.

Forma o teu equipo, descubre retos e crea propostas sobre emprendemento feminino, igualdade, conciliación, dixitalización ou novas oportunidades no territorio. Contarás con acompañamento especializado para desenvolver a túa idea e presentar o resultado ao rematar o encontro. Ademais, gozarás de obradoiros prácticos, actividades deportivas e momentos de lecer para coñecer outras persoas e compartir experiencias.

Vivirás esta experiencia nunha das tres sedes conectadas: o Albergue Xuvenil Marina Española (A Coruña), o Complexo Residencial Lug2 (Lugo) ou o Albergue Xuvenil As Sinas (Pontevedra).

Terás incluídos o aloxamento, a manutención, os materiais, as actividades e o servizo de autobús desde diferentes puntos de Galicia. Esperámoste o venres 20 de novembro a partir das 19:30 h. A actividade rematará o domingo 22 ás 16:30 h.

Unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude no marco do programa Desafíos Jovens. 

Un reto. Un equipo. Unha solución. Aquí empeza algo grande!

DESTINATARIOS: persoas mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso

📅 DATAS DE CELEBRACIÓN: 20/11/2026 a 22/11/2026

INSCRICIÓN: de balde

UBICACIÓN: Albergue Xuvenil Marina Española (A Coruña), Complexo Residencial Lug2 (Lugo), Albergue Xuvenil As Sinas (Pontevedra). Servizo de transporte incluido.

(inscrición aberta ata o 18.11.2026)

Máis información en desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

Este programa desenvólvese pola Dirección Xeral de Xuventude no marco do proxecto transfronteirizo de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal Desafios Jovens, un programa europeo Interreg POCTEP que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.

Este proxecto conta coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional.