
Bolsas para o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca 30 bolsas (10 delas destinadas a alumnos preferentemente iberoamericanos que inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña durante o curso académico 2025/26.
Establécense dous prazos para o envío e a presentación de solicitudes: do 6 de febreiro ao 16 de maio de 2025 (prazo anticipado) e do 26 de xuño ao 14 de xullo de 2025 (prazo ordinario).
Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net
Comments