Ir o contido principal

Profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos no estranxeiro

O Ministerio de Educación convoca prazas de profesorado en seccións bilingües de español en Centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2025-2026.

Requisitos:
Persoas con nacionalidade española en posesión dun título de grao ou licenciatura nalgunha das áreas indicadas. Deben estar en posesión do Certificado de Aptitude Pedagóxica ou do título de  Master que habilita para o exercicio da función docente en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesiona, Bacharelato e ensino de idiomas.

Tarefas:
Impartir lingua e cultura españolas, e outras áreas en español, nas seccións bilingües de español de  Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia.

Dotación:
A dotación de cada axuda será por unha contía máxima de 13.584 euros por curso académico, excepto para os profesores destinados a Rusia, nese caso a contía será de 18.156 euros.

Unha axuda de gastos de viaxe de ida e volta de 1.000 euros, salvo no caso de China, que será de 1.300 euros.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de abril de 2025.

Máis información nos anuncios do BOE do 12 de marzo de 2025 e en 
https://www.educacionyfp.gob.es/gl/servicios-al-ciudadano/catalogo/profesorado/convocatorias-para-el-extranjero.html
 

Comments