Ir o contido principal

Campos de voluntariado - Documentación para entregar - cabecera - gl

 

Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a documentación cos seus datos persoais e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da dita documentación.

O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de envío do correo electrónico. A documentación deberá achegarse por correo-e a un dos enderezos que se indican a continuación, segundo lugar onde se desenvolva o campo de voluntariado asignado:

Campos de CCAA ou no estranxeirocamposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal


Campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal

 

Importante:

 

exclamacionDe incumprir o prazo de 2 días hábiles, perderase o dereito a participar no campo de voluntariado asignado, e a praza liberada queda dispoñible para outras persoas voluntarias.

 

 DOCUMENTACIÓN:

Campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro:

  1. Folla(s) de inscrición debidamente cuberta(s) e asinada(s).
  2. Xustificante de pagamento da cota.
  3. Fotocopia do documento de identidade (no caso de non autorizar a consulta no formulario de inscrición).
  4. Fotocopia do carné xove, do título de familia numerosa, resolucion de familia de acollemento ou o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.
  5. Ficha informativa de saúde. [galego] [castelan] e certificado de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, de ser o caso
  6. Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes [galego] [castelan]
  7. Certificado negativo de delitos sexuais, naqueles campos do estranxeiro que a requiran.
  8. Carta de motivación, naqueles campos do estranxeiro que a requiran.

Campos de voluntariado noutras CCAA:

No correo electrónico de confirmación da praza solicitada para campos de voluntariado noutras CCAA enviaranse as indicacións sobre a documentación que debe presentase en cada caso, dado que pode variar en función da comunidade autónoma.