Ir o contido principal
Concurso de creación literaria e artística inspirado no libro "Cousas" de Castelao

Concurso de creación literaria e artística inspirado no libro "Cousas" de Castelao

O IES Castelao de Vigo convoca un concurso de creación literaria e artística inpirado no libro "Cousas" de Castelao, co gallo da conmemorar o 75 cabodano de Alfonso R. Castelao.

- Categoría A: alumnado do IES Castelao
- Categoría B: alumnado de calquera centro educativo de Galicia
- Categoría C: público en xeral, sen restricción de idade e/ou residencia

As obras deberán inspirarse no estilo de Cousas, creando historias breves que combinen reflexións sobre a vida, crítica social ou elementos da cultua galega. A ilustración debe dialogar co texto, complemetandoo e ernriquecendoo.

Requistos das obras:

Texto:
- Máximo de 200 palabras
- Escrito en lingua galega
- Orixinal e inédito e enviadas en formato pdf

Ilustración:
- Orixinal e realizado polo propio/a participante
- técnica libre (debuxo a man, dixital, collage...)
- Arquivo en jpg ou png
- Tamaño recomendado A4 vertical

Texto e ilustración deben presentarse conxuntamente.
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 30 de marzo de 2025

Premios:
1º premio: 100 € + diploma + figura
Os mellores traballos formarán parte dunha escolma dixital

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescastelaovigo/node/2111 

Comments