Ir o contido principal
Campas 360

CAMPAS 360

A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición de Campas 360, o programa de educación non formal dirixido á mocidade galega baixo o formato de factorías de innovación, que ten como finalidade ofrecer actividades formativas e de lecer en fins de semana do mes de maio de 2025, en instalacións da Xunta de Galicia.

O programa está dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.

Os grupos de participación dividiranse en tres tramos de idade: de 12 a 14, de 15 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 2 de maio.

Ofértanse 420 prazas en 12 quendas de 30/40 persoas cada unha, nos 3 programas que conforman a actividade que se realizarán en 3 instalacións diferentes.

A cota de participación será de 25 euros por quenda.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25 % sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.


O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 23 de abril ás 10.00 h e remata o 28 de abril ás 22.00 h. Para a inscrición, cómpre cubrir o formulario en liña dispoñible nesta web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de recepción dos formularios.

 

Consulta aquí toda a información do programa.  

Contacto: 

campas360.xuventude@xunta.gal 

981 544 840 

Comments