💰 A Cota
Hai dous tipos de cota:
A cota de participación inclúe:
Os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das actividades propias e as de lecer e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Non inclúe:
Gastos de desprazamento ida e volta ata o lugar do campo que será a cargo da persoa voluntaria.
💡 As persoas titulares do Carné Xove (activado) teñen asociado un seguro de asistencia en viaxe. Consulta en carné xove.
🏷️ Descontos
Descontos so aplicables (non acumulables) en campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro:
⚠️ En ningún caso os descontos serán acumulables nin aplicables ás cotas de outras CCAA. A cota de participación será de 82,50 € no caso de ser aplicable algún destes descontos.
🔄 Devolución de Cota
Nos campos en Galicia e no estranxeiro só se devolverá a cota nestes supostos:
- a) Anulación da actividade ou non prestancia do servizo por causas non imputables.
- b) Ingreso hospitalario ou causa médica grave (acreditada con informes médicos ou do hospital onde este ingresada a persoa).
- c) Falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o 2º grao (acreditada con informes médicos ou do hospital onde este ingresada a persoa familiar ou co certificado de defuncion de ser o caso).
- d) Abandono pelo motivo b) sempre e cando non transcorrera máis do 50% dos días de duración do campo.
O impreso debe remitirse ao correo correspondente segundo donde sexa o campo:
- 📩 Estranxeiro: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
- 📩 A Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal
- 📩 Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal
- 📩 Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal
- 📩 Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal
- 📩 CCAA: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
💳 PAGAMENTO DA COTA
A continuación podes consultar a información para facer o pagamento da cota de inscrición:
