Ir o contido principal
carne xove

Carné Xove

O Carné Xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos preto de 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).

Dende o 2021, o Carné Xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non é preciso renovalo.

Cómpre lembrar que, para que o Carné Xove que chega ao domicilio estea operativo, é necesario activalo (incorporar o número Eyca ou número de carné).


Como se activa o carné xove?

A activación pódese facer de forma presencial ou electrónica:

-Presencial: acudindo a un dos puntos de activación. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso é preciso acreditarse co DNI.
-Electrónica: os rapaces e rapazas que opten por esta vía deben cubrir este formulario e marcar a opción de ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE RECIBIDO NO DOMICILIO. Despois, recibirán no seu correo electrónico o seu número de carné, que deberán escribir manualmente na tarxeta para tela activada. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que posúe a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.


Que facer se non chegou o Carné Xove á casa

Se tes os 12 anos feitos e non recibiches o carné no teu domicilio, podes solicitalo, de xeito totalmente gratuíto tamén, a través dalgunha destas vías:
- Acudir ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio.
- Solicitalo a través da sede electrónica, procedemento BS319A.

Importate!: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

E tamén moi importante! Onde podo utilizalo?

Tes infinidade de establecementos adheridos donde poderás obter descontos mostrando o teu carné xove: https://carnexove.xunta.gal/gl/descontos

E se tes un negocio e queres adherirte ao programa ou coñeces algún establecemento que queira participar?

Este formulario é para aquelas entidades que queiran colaborar co programa ofrecendo vantaxes ou beneficios especiais aos posuidores do Carné Xove.
Só hay que cubrir e asinar este formulario (galego | castelán).

Pode asinarse electronicamente para remitilo, unha vez asinado, ao enderezo de correo electrónico: carne.xove@xunta.es

Tamén se pode asinar de forma manuscrista; neste caso, unha vez asinado e selado, deberá enviarse por rexistro ao seguinte enderezo:
Dirección Xeral de Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro s/n, planta 0
15781 Santiago de Compostela 

Comments