Bonos Activa comercio 2025
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos Bonos Activa comercio
Persoas beneficiarias.
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Data de descarga dos bonos.
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de xuño de 2025, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000 €.
Máis información: DOG DO 03/06/02025
Sede electrónica (código de procedemento CO301B)




Comments