Skip to main content
baile tradicional

Curso 2025-2026 no CCP Xaquín Lorenzo – Escola de Danza. Ourense

A Deputación Provincial de Ourense abre o prazo de inscrición para as actividades do CCP Xaquín Lorenzo – Escola de Danza para o curso 2025-2026, cunha ampla oferta formativa dirixida a todas as idades e sen necesidade de coñecementos previos.

Actividades

  • Obradoiro de folclore:

    • Baile tradicional, canto tradicional e pandeireta (desde 5 anos).

    • Gaita para acompañamento de grupos de baile tradicional (desde 8 anos).

  • Obradoiro de tecido artesán en teares tradicionais (desde 8 anos).

  • Obradoiro de xogos populares: actividade gratuíta para centros educativos de primaria e secundaria da provincia.

Datas e horarios

  • Duración: do 1 de outubro ao 15 de xuño (segundo actividade).

  • Horarios adaptados á idade e nivel do alumnado.

  • O obradoiro de xogos populares desenvolverase entre novembro e xuño nos centros participantes.

Prazas

  • Folclore: 200 prazas.

  • Gaita: 30 prazas.

  • Tecido artesán: 20 prazas por curso (outubro-xaneiro / febreiro-maio).

Matrícula

  • Prazo: do 15 de setembro ao 31 de outubro de 2025.

  • Formalización no CCP Xaquín Lorenzo (Centro Comercial As Lagoas, Ourense), previo pago do prezo público correspondente.

  • Bonificación do 100% para persoas desempregadas e persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

  • Prezos reducidos para varios membros da mesma unidade familiar.

Máis información

A programación completa e condicións de inscrición están dispoñibles nas dependencias do CCP Xaquín Lorenzo e na web da Deputación de Ourense:
https://sede.depourense.es

BOP Ourense

Comments