Skip to main content
becaue

Aberta a convocación do programa de prácticas “Blue Book” da Comisión Europea

O Instituto de la Juventud (Injuve) conta co prazo aberto de inscrición no prestixioso programa de prácticas “Blue Book”, dirixido a titulados universitarios interesados en adquirir experiencia profesional en organismos da Unión Europea.

Prazo de inscrición

As persoas interesadas poderán presentar a súa candidatura desde o 21 de xullo ata o 29 de agosto de 2025, para acceder ao período formativo que dará comezo o 1 de marzo de 2026 

Obxectivo e duración do programa

O programa “Blue Book” da Comisión Europea ofrece unha oportunidade remunerada de cinco meses de experiencia práctica en distintas áreas de administración e política europea.

Requisitos para participar

  • Título universitario: dispoñer dun grao ou equivalente con mínimo 3 anos de duración (nivel EQF 6).

  • Experiencia previa: non ter realizado prácticas ou ter traballado máis de seis semanas en institucións da UE, delegacións, parlamento europeo ou Tribunal de Xustiza da UE.

  • Idiomas: coñecemento moi bo de dúas linguas oficiais da UE, sendo unha delas unha lingua de traballo (inglés, francés ou alemán) en nivel C1 ou C2, e a segunda, nun nivel mínimo B2.

Dotación económica

O programa inclúe unha beca mensual aproximada de 1 418,20 € e a cuberta dos gastos de viaxe

Como formalizar a candidatura

Solicítase que as persoas interesadas creen unha conta en EU Login e completen o formulario oficial, achegando a documentación requerida dentro do prazo establecido, sen demorar a presentación ata os últimos días. Web da Comisión Europea

Comments