Skip to main content
costa

Premios do XI concurso de fotografía medioambiental "Xove, a súa costa e o seu mar"

Requisitos: 

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquera persoa. Toda a documentación será presentada nun sobre pechado consignando no seu exterior XI Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición e declaración de autoría establecidas ao efecto. -Copia do N.I.F. do concursante. -CD ou pendrive que conteña as imaxes dixitais.

Data límite: 

O sobre deberá presentarse ata o día 30 de setembro de 2025, e poderase presentar tanto no Rexistro de Entrada de Documentos (Casa do Concello, camiño real, S/N; 27870, Xove), coma mediante envío por correo postal ordinario.

Normas: 

- A temática do concurso será “Xove, a súa costa e o seu mar”.

-As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes. En ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas das participantes.

-Cada participante asinará unha Declaración Responsable de ser a/o autor/a da fotografía que presenta. No caso de que o/a participante sexa menor de idade, a Declaración Responsable será asinada polo seu nai/pai ou titor/a legal.

-Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías por participante. Deben ser orixinais e tomadas dentro do termo municipal de Xove.

-Deberanse presentar en formato dixital (JPEG) en alta calidade (sen compresión) a unha resolución mínima de 2048 píxeles sen limitación de tamaño en MB.

- Todas as fotografías do concurso poderán ser expostas ou publicadas en internet ou impresas en folletos e publicacións de promoción do Concello de Xove, para a súa difusión sen ánimo de lucro. As fotos seguirán sendo propiedade dos autores/as.

Máis información: 

Xove

Comments