Skip to main content
calendario

O Concello de Arteixo convoca o concurso fotográfico #ArteixoNoTempo para o calendario 2026

Se che gusta a fotografía e queres ver a túa imaxe publicada no calendario oficial do Concello de Arteixo, xa podes participar no concurso #ArteixoNoTempo. As persoas gañadoras recibirán premios de ata 500 € e formarán parte do calendario municipal do ano 2026.


O Concello de Arteixo, a través da súa Concellería de Turismo, abre o prazo de participación no concurso fotográfico #ArteixoNoTempo. O obxectivo é recompilar fotografías antigas de lugares do municipio que amosen a súa transformación co paso do tempo. As imaxes seleccionadas serán protagonistas do calendario municipal de 2026.

Prazo de inscrición:
Do día seguinte á publicación das bases na web municipal ata o 5 de setembro de 2025 ás 23:59 h.

Como participar:

  • Seguir as contas oficiais do Concello en Facebook ou Instagram.

  • Subir unha foto antiga dixitalizada a través da aplicación Easypromos (dispoñible nas redes sociais e web municipal).

  • A imaxe debe mostrar un lugar, rúa ou recuncho de Arteixo que mudara co tempo.

  • Indicar con precisión o lugar da toma, para que poida recrearse o “antes e despois”.

Premios:
O xurado e a votación popular elixirán as 12 mellores fotografías, que recibirán:

  • 500 € para a primeira clasificada

  • 300 € para a segunda

  • 200 € para a terceira

  • 100 € para as nove seguintes

As imaxes gañadoras serán as que conformen o Calendario de Arteixo 2026.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións

Comments